Benvidos a miña web sobre o Concello de Touro
Esta sinxela páxina que recolle información sobre o Concello de Touro e as súas parroquias, é unha páxina web persoal publicada no ano 2006 en “iespana” (por problemas do servidor, deixou de verse en "iespana ). Non é páxina oficial do Concello nin doutra institución pública. Tan só se pretende poñer unha semente que faga xerminar novas ideas por parte doutros cidadáns ou institucións, para que Touro sexa coñecido un chisco máis polos internautas, cada día máis numerosos. Os que visiten esta páxina teñen á súa disposición unha serie de datos, enlaces, e imaxes do Concello clasificadas por parroquias. Na espera de que atopen algo do seu interese, grazas anticipadas pola súa visita. Para aportar suxerencias, aclaracións, enviar fotos, datos, etc, póñanse en contacto con ramonbus@hotmail.es