PARROQUIAS DE TOURO

PARROQUIAS DO CONCELLO DE TOURO

PARROQUIAS

PATRONO

ARCIPRÉS

HABITANTES  ANO 2004 SUPERFICIE EN HECTÁREAS

SUPERFICIE EN FERRADOS(536 m)

 Andrade Santiago

Ferreiros

122 610

11380

 Bama San Vicenzo Bama 335 1080

20149

 Bendaña Santa María Ribadulla 72 112

2089

 Beseño San Cristovo Ferreiros 250 612

11417

 Calvos de Socamiño San Martiño Ferreiros 198 639

11921

 Circes Santa Mariña Ferreiros 132 334

6231

 Cornado Santiso Ferreiros 166 484

9029,8

 Enquerentes San Miguel Ferreiros 78 204

3805,9

 Fao Santa Uxía Ferreiros 246 751

14011

 Fontes Rosas San Xoán Ferreiros 36 196

3656,7

 Foxás San Breixo Ribadulla 308 598

11156,7

 Loxo Santa María Ferreiros 499 1056

19701

 Novefontes Santiago Ferreiros 166 635

11847

 Prevediños Santiago Ribadulla 378 1103

20578

 Quión San Fiz Ferreiros 390 993

18526

 Ribeira San Pedro Ferreiros 113 347

6473,8

 Touro ( capital ) San Xoán Ferreiros 659 650

12126,8

 Turces Santa María Ferreiros 217 436

8134,3

 Vilar San Miguel Ribadulla 269 684

12761

   TOTAL

4634 11524

214995

 

ACLARACIÓN:  O feito de que algunhas parroquias conten con máis información en forma de texto e imaxes, tan só se debe a que o autor coñece mellor aqueles aspectos relacionados con esas parroquias. Pode que en algunhas parroquias se pasaran por alto elementos  de importancia, pero o obxectivo xeral do que escribe, tampouco é facer un estudio a fondo de tódalas parroquias do Concello. Tan só se pretende poñer a disposición dos internautas algúns datos e imaxes das distintas parroquias. Para facer un estudio histórico, xeográfico, social, económico, etc., máis polo miúdo, están os organismos oficiais, principalmente o Concello que ten acceso a máis información e máis medios, podendo contar tamén coa colaboración dos distintos persoeiros naturais de Touro, entre eles hai historiadores, curas párrocos, profesores de distintas materias, médicos, peritos,... e sobre todo os veciños de maior idade, que aínda que non teñan estudios universitarios poden aportar moitos datos a calquera investigación. Tamén sería interesante facer unha recopilación de documentos antigos que poida haber nas casas particulares e tamén nos archivos do Concello, na Archidiócesis de Santiago de Compostela, nos archivos parroquiais e noutros lugares. Para calquera aclaración ou suxerencia  manden un correo a seguinte dirección:    mailto:ramonbus@hotmail.es

  

PARROQUIA DE SANTIAGO DE ANDEADE

 

                                    Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: Santiago.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/07-25.htm#jacques

https://www.legionhermosillo.com.mx/San_Santiago_El_Mayor.html                     https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=561

Superficie: 6,1 Km² = 610 hectáreas = 11380 ferrados.

Habitantes ano 2004: 122.

Latitude: 42º52'

Lonxitude: 8º15'

Lugares: Andeade, Bugallo,  Casa Grande, Castelo,  Eirexe, Fonte Alvite e Outeiro.

Sacerdote:  D. Marcelino Bretal Rego

Teléfonos do sacerdote: 981504134

     Xeografía

    A parroquia de Santiago de Andeade, linda polo norte con Quión; polo sur, con Cornado; polo leste, con Beseño e Turces e polo oeste con Touro e Fao.

    O clima é de tipo oceánico, bastante ventilado pero con abundantes xeadas no inverno, polo que son escasas as árbores froiteiras, viñedos e outras plantas ás que lle afecta o frío. Sen embargo abundan as praderías na súa parte máis alta, de terreos chans, e as especies forestais no terreo máis costento que é a marxe esquerda do río Lañas que baixa polo oeste. A este río tamén van dar as augas do río Beseño ou Merés que baixa polo suroeste da parroquia. Tamén hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas.

    Comunicacións

    Pasa por Andeade a estrada que enlaza por unha parte na estrada que vai de Ponte Ulla  a Arzúa a altura de Quión e por outro lado coa que vai de Arzúa a Vila de Cruces polo embalse de Portodemouros ou pola antiga ponte San Xusto na parroquia de Dombodán (Arzúa). Tamén está ben comunicada coa capital do municipio por unha estrada que cruza o río Lañas pola Ponte Santaia  e hai  boas pistas as outras parroquias limítrofes.

    Festas

    As festas patronais de Andeade celébranse polo Santiago, os días 25 e 26 de Xulio.

    Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

     De gran importancia tanto para esta parroquia coma para o resto do municipio é o Pazo de Andeade, tamén chamado Casa Grande de Andeade. Posiblemente sexa este o monumento máis emblemático do Concello de Touro, pola importancia que tivo no pasado como pazo ó que pertencían tódalas terras do seu arredor e na actualidade coma unha importante e acolledora casa de turismo rural.

    Este pazo foi fundado a comezos do século XVIII por D. Pedro Antonio Verea e Pacheco que estaba casado con Dna. María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa. Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro. Como é de supoñer non faltan aquí as dependencias típicas de calquera pazo: escudo, hórreo,  portal de entrada con un paseo de plataneiros que da acceso a entrada principal, capela, etc. Tanto a casona principal coma outras dependencias foron restauradas con sumo gusto para darlles a funcionalidade e modernidade que debe ter unha casa de turismo rural, pero sen quitarlle o encanto polo antigo e pola casa importante que ten sido. Para coñecer máis cousas deste pazo convertido a establecemento hoteleiro, o ideal sería pasar polo seu restaurante, saborear unha exquisita comida, caseira pero de calidade,  e despois falar co actual dono D. Bieito Xosé Vázquez Permuy, historiador e gran coñecedor tanto da historia do Pazo de Andeade, coma de todo o Concello de Touro.

    Para informarse dos servicios e prezos deste establecemento rural pódese chamar ó teléfono 981 517359 e para unha información máis completa, pódese acceder á súa páxina de internet  https://www.pazodeandeade.com

PARROQUIA DE SAN VICENZO DE BAMA

                                            Igrexa parroquial

 

Datos de interese:

  PATRONO: San Vicenzo.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web: https://www.es.catholic.net/santoral/      

Directorio de la Iglesia Católica

https://www.corazones.org/santos/a_santos_vidas.htm

Superficie: 10,8 Km²  = 1080 hectáreas = 20149 ferrados.

Habitantes ano 2004: 335.

Latitude: 42º52'

Lonxitude: 8º21'

Lugares: Bamela, Belvís, Campelo, Castro, Millares Grande,  Sar,  Silva,  Tarrío,  Vilar,  Xesteira.

Sacerdote:  D. José Manuel Recarey Añón.   Teléfono móvil: 689980475

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

     Xeografía

    A parroquia de San Vicenzo de Bama, linda polo norte, con terras do concello de O Pino; polo sur coa parroquia de Prevediños; polo leste co río Brandelos que baixa do monte Costa do Picón e que a separa da parroquia de Loxo, e polo oeste con terras do concello de Boqueixón e a parroquia de Prevediños.

    O clima é de tipo oceánico, bastante ventilado e san pero con abundantes xeadas, sobre todo na parte norte onde están as terras máis elevadas. A maioría das terras son chans, de boa calidade e con extensas praderías adaptadas para  a cría de gando vacún. Están regadas polo río Pereira ou Amenal que baixa do concello de O Pino, e por outros regados de nenos importancia que se xuntan co Brandelos.

    Comunicacións

    Está bastante ben comunicada coa capital do municipio da que dista 6 quilómetros por un enlace entre a estrada que vai de Ponte Ulla a Arzúa e comunica coa estrada nacional Santiago – Lugo no concello de O Pino. Tamén está ben comunicada coa parroquia de Prevediños.

    Festas

    Na honra de San Vicente son as festas patronais que se fan os días 22, 23 e 24 de xaneiro. O día 15 de maio, xunto á restaurada capela de San Cidre, hai festa na honra deste santo. Tamén se fan festas polo San Ramón  o primeiro fin de semana de Setembro,  polo San Marcos, e ás veces polo carnaval coas tradicionais máscaras e xenerais do Ulla.

     Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

    Aparte da igrexa parroquial e a rectoral, na parte norte da parroquia está a capela restaurada de San Cidre ó lado dunha abondosa fonte .

    Empresas

    Hai dúas empresas que teñen o seu emprazamento nesta parroquia. Preto da Igrexa Parroquial está a fábrica de queixos "QUEIXERÍAS BAMA, S. L." na que se fabrican os tradicionais queixos con denominación de orixe "Arzúa-Ulloa". Na aldea de Xesteira, hai tamén un importante serradoiro de madeira "MADERAS BAMA, S.L.

PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BENDAÑA

                                                Igrexa parroquial

 Datos de interese

PATRONA: Santa Isabel .

Para saber cal foi a vida desta santa vaian á seguinte páxina web: https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=336

Superficie: 1,12 Km² = 112 hectáreas = 2089 ferrados.

Habitantes ano 2004: 72.

Latitude: 42º48'

Lonxitude: 8º19'

Lugares: Bendaña,  Lobagueiras e Barreiro.

Sacerdote: D. Angel Manteiga López

Teléfonos do sacerdote: 676570188

    Xeografía

    A parroquia de Bendaña está situada ó suroeste do termino municipal de Touro na marxe dereita do río Ulla que a separa da parroquia de Añobre no concello de Vila de Cruces. Linda polo norte coa parroquia de Foxás; polo sur con terras do concello de Boqueixón; polo leste, co río Ulla e polo oeste con terras de Boqueixón e Foxás.

    O clima é de tipo oceánico, pero bastante abrigoso dado que estamos a falar da parroquia máis baixa de Touro. No seu estremo sur, xunto ó Ulla está a cota menos elevada de todo o municipio. Ademais da  producción dos productos habituais das outras parroquias, as terras deste lugar son excepcionais para a producción vitivinícola sendo esta a única parroquia do concello que está incluída na denominación de orixe “Rías Baixas”.

     Comunicacións

    Ben comunicada co resto das parroquias limítrofes e coa capital do municipio da que dista dez quilómetros pola Ponte Besaña. Tamén está a escasos quilómetros da Ponte Ledesma no concello de Boqueixón que comunica coa provincia de Pontevedra.

    Festas

    Esta parroquia celebra as súas festas pola Santa Isabel que son o 1º sábado de  xullo. Esta festa que tamén é festa patronal ten sido unha das romarías de campo máis importantes do concello.

    Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

    En Lobaqueiras, xa no límite do concello de Touro co de Boqueixón hai unha casa ou pazo que é a construcción máis importante. Aínda que algúns non a catalogan como pazo, ten case tódolos elementos dun pazo. Como di un refrán popular “a casa que ten escudo, capela e ciprés, pazo é”. Ten a entrada principal por un camiño estreito, bordeado de eucaliptos centenarios a ámbolos dous lados. Antes de entrar polo portal, á esquerda está a casa dos caseiros e a dereita está a capela, que o único que conserva é a pía de pedra onde se botaba a auga bendita. Detrás da capela está o cruceiro de pedra aínda ben conservado. Enmarcando o portal hay longas pedras cunha cruz  na pedra superior. Na fachada da casona está o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal que eran mariñeiros almirantes procedentes de Caldas de Reis de onde tamén procede o escudo. Na actualidade pertence os herdeiros de Juan Fenollera Velón.  Na parte de abaixo da casa hai unha longa mesa de pedra con asentos tamén de pedra ó seu arredor. Un dos elementos que existen en case tódolos pazos é o pombal, cousa que non se ve en Lobagueiras. Conta cun hórreo de pequenas dimensións o que nos indica que, ou ben puido existir outro hórreo maior, ou que o cultivo principal das terras que rodean o pazo que son uns oitenta ferrados da zona e chegan ata o mesmo río Ulla, non fora o millo. Din os paisanos que antigamente as terras cultivadas de Bendaña pertencían a un só propietario. Hai que recordar que dúas das antigas xurisdiccións da provincia de Santiago levaban o nome de Bendaña e Bendaña do Marqués.

     Preto deste “pazo”, ó lado de arriba da estrada, existe tamén unha antiga casona cun amplo hórreo e unha grande escalinata de pedra que da acceso á porta principal. 

 PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE BESEÑO

                                        Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Cristovo.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian a seguinte páxina web:

 https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=8596                                   

https://www.churchforum.org.mx/santoral/Julio/1007.htm                                             

Superficie: 6,12 Km²  = 612 hectáreas = 11417 ferrados.

Habitantes ano 2004: 250.

Latitude: 42º52'

Lonxitude: 8º14'

Lugares: Baiobre,  Varrido,  Beseño de Abaixo,  Beseño de Arriba, Forte,  Gordela,  Igrexa,  Maroxa,  Murgás,  Oca de Abaixo,  Oca de Arriba,   Pena,  Tarrío e Vilanova.

Sacerdote: D. Antonio Rial Ramos

Teléfonos do sacerdote: 981191376  -  981523741

    Xeografía

    A parroquia de Beseño está situada na parte norleste do municipio. Linda polo norte e polo leste con terras de Arzúa; polo sur, con Beseño e polo oeste con Andeade e Quión. O clima é de tipo oceánico con xeadas no inverno. As terras son de boa calidade, regadas por varios regatos que forman o río Beseño ou Merés, afluente do Lañas.  Abundan as praderías que permiten a cría de gando vacún. Tamén se producen cereais e os productos típicos da zona agás as vides e as árbores froiteiras máis delicadas que lles poida afecta-la xeada. Hai algo de caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

    Historia

    Esta parroquia pertenceu á xurisdicción de Budiño, na suprimida provincia de Santiago e no que hoxe é o concello de O Pino.        

    Comunicacións

    Moi ben comunicada co resto das parroquias de Touro e de Arzúa. Pasa polo norte desta parroquia a estrada comarcal que vai de Ponte Ulla a Arzúa.

    Festas

    As festas parroquiais na honra de San Cristovo son o último domingo de xullo. Tamén hai romaría popular nas capelas de Santa Isabel o segundo domingo de xullo, e na de Nosa Señora de Augasantas o primeiro domingo de agosto.

    Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

    Aparte da igrexa parroquial, están as capelas de Santa Isabel que está no medio dunha carballeira nun dos lugares máis elevados do Concello, e a de Augasantas. Xunto a esta última hai un cruceiro de pedra pero de escaso interese.

    Turismo Rural

    Non podemos abandonar esta parroquia sen antes falar da casa de turismo rural “A Pena de Augasantas”, situada a carón dunha espesa carballeira, preto da capela e do cruceiro de Augasantas. Foi condecorada cunha cruz ó mérito de turismo rural de calidade, polo bo gusto que tiveron os propietarios na restauración dunha antiga casona conservando tódalas antigas dependencias que antes estaban dedicadas a bodegas, cadras, hórreo, etc., e que agora pasaron a prestar outro tipo de servicios para que os turistas que visitan este lugar se sintan a gusto e leven un grato recordo. Hai que dicir que este tipo de reconversións é unha forma máis de facer fronte ó abandono da agricultura, dado o escaso rendementodas actividades agrícolas e gandeiras. Para máis información sobre este lugar e para saber que servicios ofrece e os prezos poden visita-la súa páxina web: www.apenadeaugasantas.com

PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE CALVOS DE SOCAMIÑO

Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Martiño.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web: https://es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=564

https://es.catholic.net/ligas/ligasframe.phtml?liga=https://www.ewtn.com/spanish/Saints/Martín_Papa.htm

Superficie: 6,39 Km²  = 639 hectáreas = 11921 ferrados.

Habitantes ano 2004: 198

Latitude: 42º50'

Lonxitude: 8º14'

Lugares: Calvos, Carballiño, Casanova, Castro, Cezar,  Merés,  Rilo,  Rosende,  Sartes,  Torre, Vilar e Xunqueira.

Sacerdote: D. Marcelino Bretal Rego.

Teléfono do sacerdote: 981504134

     Xeografía

    A parroquia de Calvos de Socamiño está situada na marxe dereita do río Ulla a onde van a para-los seus regatos. Linda polo norte coa parroquia de Turces; polo sur, co río Ulla que a separa da provincia de Pontevedra; polo leste coa parroquia de Circes e polo oeste coa parroquia de Cornado.

    O seu clima é de tipo oceánico, máis frío e con xeadas na parte norte pero máis suave e abrigoso no sur da parroquia, xunto o canón do Ulla onde están situadas as terras do pazo de Rosende. As produccións son as habituais das outras parroquias con abundantes praderías que favorecen a cría de gando vacún. Nos sitios máis abrigosos tamén se produce viño, froitas e toda clase de verduras e legumes. Os encoros que se están a facer ultimamente poden influír tamén, dun xeito negativo, na modificación do clima destas parroquias e por suposto tamén nos cultivos e na paisaxe.

    Tamén hai pesca no Ulla, e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

    Comunicacións

    Ben comunicada coas demais parroquias que a rodean, agás pola parte sur onde está a barreira natural do río Ulla. Dista 9 quilómetros da capital de municipio,  Fonte Díaz.

    Festas

    As festas patronais na honra de San Martiño  son os días 11 e 12 de novembro. Tamén ten sona a festa da Virxe dos Dolores que se celebra o terceiro domingo do mes de xullo.

    Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

     Os monumentos ou construccións públicas máis importantes son a igrexa parroquial, o cruceiro e a fonte que está enfronte da igrexa no campo da festa, con caras de leóns que botan auga pola boca. Pero o monumento de maior interese, pola importancia que tivo no pasado para os nobres que o construíron e habitaron, é o “Pazo de Rosende”. Preto do pazo aínda se observan as vellas casas dos caseiros que traballaban para “o señor” do pazo. O pazo, recentemente restaurado, parece ser que ten a súa procedencia nunha edificación anterior ó século XVIII. Estivo ocupado durante longas décadas polos Hermida, familia da que proceden os actuais propietarios. Pero no escudo de armas que se atopa na fachada, ó lado do balcón, pódense distingui-las armas dos Porras, Lemaire, Du Croc, Wander-Roer e por suposto os Hermida. Conta con hórreo restaurado, capela en bo estado, cruceiro de pedra enfronte a capela, piscina, xardíns, lagares, ferrería, carpintería e outras dependencias. Desde a solaina que ten a casa pola parte sur, poderían os donos observa-los traballos que se facían nas súas terras que chegan ata o río Ulla e que son dunha espectacular beleza. Terras que teñen que ter sido de boa calidade e bastante abrigosas nas que se traballaban os cultivos típicos da zona e das que tiñan que saír tamén, viños de boa calidade e froitas diversas. Hoxe en día, estanse repoboando con especies forestais diversas.  

PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE CIRCES

                                                                 Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: Santa Mariña (Santa Marina).

Para saber cal foi a vida desta santa vaian ás seguintes páxinas web: https://churchforum.org/santoral/Julio/1807.htm

 https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=7480            https://www.fatheralexander.org/booklets/spanish/vida_santos_4.htm#_Toc531752421

Superficie: 3,34 Km²  = 334 hectáreas = 6231 ferrados.

Habitantes ano 2004: 132.

Latitude: 42º50'

Lonxitude: 8º13'

Lugares: Chaos,  Igrexa, Penediñas Pombos e Quintás.

 Sacerdotes:  D. Marcelino Bretal Rego

Teléfono do sacerdote: 981504134

    Xeografía

    A parroquia de Santa Mariña de Circes está situada ó sur-leste do concello. Está na marxe dereita do río Ulla formando unha península rodeada polo curso do Ulla por todas partes menos polo norte que linda con Calvos. Na parte máis alta están as aldeas e a maior parte das terras de cultivo que producen os cultivos habituais do resto das parroquias limítrofes con abundantes praderías que alimentan ó gando vacún que é o que máis abunda. Na parte sur, en forte pendente cara o río, abunda o monte arborado con varias especies autóctonas e algúns prados con rega. Hai algúns regatos que van parar directamente ó Ulla

    O clima é de tipo oceánico con recunchos máis abrigados pola parte do solano. A recente construcción de  pantanos sobre o río Ulla pode influír dun xeito negativo na climatoloxía destas terras e os cultivos que se viñan producindo, sobre todo as árbores froiteiras sufrirán os seus efectos. Todos sabemos da importancia da enerxía eléctrica nos tempos que vivimos, que hai que aproveita-los recursos naturais, xa que son menos peligrosos e menos contaminantes que os nucleares e os térmicos, e  que en algún lugar hai que face-los embalses, pero non é merecente de xustiza que un habitante da "Capital", que contan con moitos máis servicios de todo tipo que no medio rural,  pague igual polo recibo da luz que  outro que está sufrindo as consecuencias negativas non só dos embalses,  senón tamén das liñas de alta tensión que cruzan a carón das casas creando poderosos campos magnéticos que afectan á saúde das persoas. A xente afectada polos embalses, liñas de alta tensión, fábricas, etc.  tiña que verse recompensada dalgunha maneira.

    Tamén hai pesca no Ulla, e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

    Comunicacións

    Ben comunicada polo norte coas parroquias de Turces e Calvos. Polos demais lados está o curso do río Ulla, sen pontes que comuniquen coa provincia de Pontevedra. Dista da capital do municipio uns trece quilómetros.

    Festas

    As festas patronais son pola Santa Mariña, os días 18 e 19 de xullo. Tamén se lle fai festa a San Roque, os luns de Pascua.

    Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

    Aparte da igrexa parroquial e do cruceiro que está no cemiterio non hai nada importante que destacar.

    Hai pesca no río Ulla, e tamén caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores.      

PARROQUIA DE SANTISO DE CORNADO

 

                                                                  Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Tirso.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web:

https://www.corazones.org/santos/a_santos_vidas.htm

https://www.es.catholic.net/santoral/

Directorio de la Iglesia Católica

Superficie: 4,84 Km²  = 484 hectáreas = 9029,8 ferrados.

Habitantes ano 2004: 166.

Latitude: 42º51'

Lonxitude: 8º15'

Lugares: Cillobre,  Dioño,  Freire,  Mane,  Santiso e Subres.

Sacerdote: D: Marcelino Bretal Rego

Teléfono do sacerdote: 981504134

     Xeografía

   A parroquia de Santiso de Cornado ( En antigas escrituras fálase dunha terra chamada Cornato ) linda polo norte, coa parroquia de Andeade; polo sur co río Ulla; polo suroeste, co río Lañas que a separa das parroquias de Fao e Novefontes e polo leste coa parroquia de Calvos.

    O clima é de tipo oceánico, san e ventilado pero con xeadas no inverno, sobre todo na parte norte. Hai terreos máis abrigosos orientados cara o sur, nos que se cultivan vides e árbores froiteiras. Polo demais cultívanse os productos habituais doutras parroquias limítrofes: cereais, patacas, legumes e outros productos para consumo da casa, pero a maior parte das terras están dedicadas a pastos para a cría de gando vacún, que era o único recurso algo rendible para os agricultores e que na actualidade tamén está deixando de selo e son xa varias a parcelas de labranza que se están repoboando con especies forestais, sobre todo pinos e eucaliptos. As terras están regadas por varios regatos, algún nace na fonte de Cillobre, que desembocan no río Merés que pasa pola parte norte e vai dar o Lañas e este xúntase co Ulla á altura de Novefontes. 

    Tamén hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

     Comunicacións

    Parroquia ben comunicada coas limítrofes e coa capital do concello da que dista uns cinco quilómetros. Pasa por esta parroquia a estrada que vai de Vilar a Merés e que atravesa o río Lañas pola Ponte Carballa e o río Merés pola Ponte de Santiso. Sobre este río construíronse recentemente outras pontes. Tamén podemos pasar de Cornado a Novefontes por una estreita ponte que é a Ponte Laña, abaixo da casa do Lañeiro, pero os accesos a esta ponte, pola parte de Cornado,  presentan atrancos  para pasar en coche.

    Festas

   As festas patronais son o 28 e 29 de Xaneiro na honra de San Tirso, pero as festas que máis sona teñen desta parroquia son as do San Ramón, os días  31 de Xullo e o 1º de Setembro, (ou o fin de semana, segundo acorde a comisión).

    Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

    Temos a igrexa parroquial cunha bonita torre e orixinal entrada feita de pedra. Xunto á igrexa está o cemiterio no que se construíu recentemente una fonte e un cruceiro. En Cillobre temos a antiga fonte cun lavadoiro ó lado, e tamén hai outra pequena fonte un pouco máis abaixo da anterior.

    Pero a casa máis importante desta parroquia é o Pazo de Dioño, unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, bodega, etc  e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balo de pedra. Na entrada da casa está o escudo coas armas dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dannos unha ideas da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados deste pasado século, da que dificilmente se foi sobrepoñendo, se temos tamén en conta que o sector agrícola e gandeiro deixou de ser rendible, as ganancias foron indo a menos, tanto neste coma noutros pazos, e os donos que estaban acostumados a un elevado tren de vida tiveron que ir vendendo ou hipotecando estas propiedades.

PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE ENQUERENTES

                                                             Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Miguel.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian a seguinte páxina web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/09-29.htm#michel

Superficie: 2,04 Km²  = 204 hectáreas = 3805,9 ferrados.

Habitantes ano 2004: 78.

Latitude: 42º50'

Lonxitude: 8º21'

Lugares: Quintás.

Sacerdote:   D. José Sánchez Piso

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

     Xeografía

    A parroquia de Enquerentes linda polo norte, coa parroquia de Fontes Rosas; polo sur, con Foxás e Ribeira; polo leste con Ribeira; e polo oeste con Prevediños. Trátase dunha das parroquias máis pequenas do concello no que a extensión se refire. Os seus regatos van parar ó río Brandelos que baixa polo oeste e outros pequenos regatos van parar directamente o mesmo río Ulla.

    O clima é de tipo oceánico bastante san e as terras son de boa calidade, producindo os mesmos cultivos que as demais parroquias limítrofes.

    Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

     Comunicacións

     Polo norte está comunicada coas parroquias de Fontes Rosas e Loxo e polo Oeste coa estrada que vai de Arzúa a Ponte Ulla.

    Festas

   Por tratarse dunha parroquia pequena con poucos habitantes, non acostuma a facerse romaría popular. As festas son de carácter relixioso e familiar cunhas boas comilonas na casa. Celébranse polo San Miguel, o fin de semana seguinte ó 29 de Setembro.

      Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

     Nada importante que destacar. Hai unha pequena igrexa parroquial, pero é unha edificación nova, bonita e acolledora. No cemiterio hai unha pequena placa que puxeron os veciños da paroquia como homenaxe ó EXCMO e RVDMO D. Xosé Diéguez Reboredo, fillo desta parroquia e moi apreciado por todos, que foi nomeado Bispo de Tui – Vigo.

PARROQUIA DE SANTA UXÍA DE FAO

                                            Igrexa parroquial

                                                                        

                                                                         Menú da parroquia de Fao:

      Datos de interese. Situación. Ríos. Lindes. Clima, cultivos e gandería. Recursos económicos. Comunicacións. Festas. Xenerais do Ulla.  Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos. Croa do Castro. Camiño Real. Pazos. Muíños Tempo en Fao  Rutas de sendeirismo.  Ruta dos tres ríos: Santaia - Ponte Basebe. Ribeira do Ulla: Ponte Basebe - Pozo do Pego.

  

    Datos de interese

  PATRONA: Santa Uxía.                                                                      

Superficie da parroquia: 7,51 Km²  = 751 hectáreas = 14011 ferrados.

Habitantes ano 2004: 246.

Latitude: 42º50'

Lonxitude: 8º17'

Lugares: Aldrén, Arroeiro,  Bustelo,  Cascallón,  Cruz,  Dezás,  Eirexe,  Gagos,  Moutarón,  Paces,  Pena,  Soutullo e Torre.

Sacerdote:  D. José Manuel Recarey Añón.   Teléfono móvil: 689980475

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

    Situación

    A parroquia de Santa Uxía de Fao está situada no centro sur do concello entre as marxes do río Ulla e un afluente deste que é o río Lañas. O chamado “Camiño Real” que atravesa a parroquia pola súa parte máis alta separa as dúas vertentes, a do Lañas orientada cara o norte, con clima máis frío e abundantes xeadas e a vertente do Ulla orientada cara o sur, con un clima un pouco máis benigno. Na vertente norte sómente está situada a aldea de Bustelo, que é a máis afastada da igrexa parroquial.

    Na parroquia de Fao,  na aldea de Soutullo, estivo en tempos pasados a Casa do Concello.

      Ríos

   O río Ulla é o máis importante tanto desta parroquia coma do Concello de Touro, pasa polo sur-oeste  sendo linde deste concello co de Vila de Cruces na Provincia de Pontevedra. Un afluente do Ulla, o río Lañas é o que lle sigue en importancia que pasando polo leste da parroquia xúntase co Ulla na parroquia de Novefontes. Sobre o río Lañas está a Ponte da Carballa que comunica as parroquias de Fao e Cornado. Máis arriba desta ponte, 500 metros río arriba, enfronte da presa do Tendeiro, están os muíños da Carballa, recentemente restaurados. Máis abaixo da ponte, collendo polo carreiro de sendeirismo a esquerda do río,  chegaremos á fervenza ou salto natural das Pombas, a menos de un quilómetro. Outros arroios de menor importancia son o Liñares que forma a fervenza do Inferniño despois de prestarlle a súa enerxía a un muíño aínda ben conservado e logo máis abaixo desemboca no Ulla. O rego de Portamuíños no que tamén se conservan varios muíños en estado ruinoso desemboca no río Ulla cerca do chamado Pozo do Pego. A este mesmo pozo chega tamén un pequeno regato procedente da aldea de Pena que forma unha fervenza un pouco antes de desembocar. Cerca desta fervenza, no fondo da aldea de Pena hai un mirador natural dende o que se pode observar unha gran vista panorámica sobre o Pozo do Pego, no río Ulla. Na vertente do río Lañas fórmanse algúns regatos de pouca importancia: o rego do Chouso de Castelo, o do Monte Vello, o das Fonteliñas, o das Pombas e o de Cal de Figueiras.

 Lindes

Linda polo norte coa parroquia de San Xoán de Touro; polo sur, coa parroquia de Santiago de Novefontes e en parte  co río Ulla; polo leste co río Lañas (afluente do Ulla) que a separa da parroquia de San Tirso de Cornado e polo oeste co mencionado río Ulla, coa parroquia de San Pedro de Ribeira e en parte coa parroquia de Santa María de Loxo.

Clima, cultivos e gandería

 

Clima de tipo oceánico, húmido, bastante chuvioso pero san e ventilado con invernos non demasiado fríos e veráns bastante suaves. Máis frío na vertente norte, a do Lañas,  pero na vertente do Ulla hai zonas bastante abrigosas nas que se produce viño de boa calidade, froitas, verduras e legumes. Tamén se producen os cereais típicos da comarca, sobre todo millo, trigo, centeo e aveas.  A  carón dos regatos hai boas praderías e o terreo é en xeral de boa calidade o que debería favorece-la cría de gando vacún pero éste está desaparecendo case por completo. Abunda o bosque autóctono sobre todo carballos e castiñeiros que producen boas castañas pero estes últimos están desaparecendo debido a enfermidade da tinta e outras pragas. Por outra banda o monte está sendo invadido polas plantacións que se están facendo con árbores de crecemento rápido como son os pinos e eucaliptos aínda que estes tamén están sendo atacados polas pragas, sobre todo o eucalipto do país. Os organismos correspondentes da Xunta de Galicia deberían tomar canto antes as medidas oportunas para evita-lo desequilibrio das distintas especies do sector forestal que é o único que nos queda, tendo en conta que en moitas parroquias está desaparecendo case por completo a agricultura e a gandería. Tamén haberá que tomar medidas para recupera-lo rendemento da  madeira, suba do prezo do leite, da carne e en xeral de tódolos productos agrícolas e gandeiros cortándollelo paso ós productos que nos invaden doutros países, para evitar deste xeito o progresivo abandono do medio rural, cousa que se está producindo a pasos axigantados.

 Recursos económicos

Na parroquia de Fao case se contan cos dedos dunha soa man as  familias que teñen vacas de producción de carne ou leite e que vivan directamente da agricultura e da gandería, cousa que era normal non  hai moitos anos. Algúns que teñen algún animal na casa ou sementan cereais fano case por divertimento ou para que non vaian as leiras a monte pero non polo rendemento que lles quitan. O que si é costume, ter galiñas e criar porcos para matar na casa sen ter que pasar tanto pola carnicería.  A maioría da xente que queda nas aldeas é xente da terceira idade que vive das xubilacións. Os máis xoves, e non tan xoves, teñen que buscar emprego fora da parroquia traballando en profesións moi variadas que nada teñen que ver co sector agrícola ou gandeiro. A pesares de todo isto, hai persoas que se esmeran por facer rendible o sector gandeiro montando granxas modernas cun elevado número de animais ou formando parte de cooperativas nas que se reparten o traballo e os beneficios. Nesta parroquia hai que destacar con diferencia a “granxa de Rafael” que polo número de reses é unha das maiores de todo o concello. Despois hai fontaneiros, electricistas,  carpinteiros, etc.. que traballan por conta propia ou son empregados dalgunha empresa de fora da parroquia. Non hai ningunha outra industria digna de mención. A única cooperativa do sector téxtil  que había na parroquia e que daba emprego a varias mulleres tivo que cerrar pola competencia desleal que supón a entrada no mercado galego de productos procedentes da China e doutros países onde a man de obra é moito máis barata pero os productos son de inferior calidade. A Xunta de Galicia, o Goberno de España ou a Comunidade Europea deberían de poñer freo  e regular  este tipo de comercio.   

 Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

       Comunicacións

    A parroquia de Fao está bastante ben comunicada coas outras parroquias da marxe do Ulla dende que se fixo a estrada que vai dende Merés ó empalme de Vilar. Está ben comunicada con Touro, capital do concello, da que dista dous quilómetros. Tamén pasa por Fao o “Camiño Real” (ou ramificación doutro Camiño Real máis principal) que comunicaba desde hai moitos anos a comarca de Santiago co concello de Vila de Cruces na provincia de Pontevedra atravesando o río Ulla pola antiga ponte Basebe na parroquia de Novefontes, e aínda hoxe en día é lugar de paso, despois da construcción dunha nova ponte.        

Festas

            As festas patronais de Fao son no mes de setembro, o día 11 na honra da Patrona Santa  Uxía, o día 12 na honra do Santísimo (Corpus Cristi) e o día 13  na honra de Santa Lucía. Tamén se celebra a festa do Carme que é o sábado seguinte ó 16 de xullo e o San Antonio o sábado seguinte ó 13 de xuño.

        Se queren ter máis información da vida dos santos visiten as seguintes páxinas Web.

     San Antonio   https://www.churchforum.org.mx/santoral/Junio/1306.htm

    Virxe do Carme   http://www.magnificat.ca/cal/esp/07-16.htm#carmel  

    Santa Uxía (Eugenia)   https://www.elalmanaque.com/santoral/septiembre/11-9-eugenia.htm    

 https://es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=14791

     Santa Lucía Mártir  https://www.magnificat.ca/cal/esp/12-13.htm

                                                  https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=548 

      Corpus Cristi   https://www.rosario.org.mx/biblioteca/corpus.htm  

   https://www.churchforum.org/info/Liturgia/Corpus_Christi.htm

                 https://www.corazones.org/biblia_y_liturgia/liturgia/corpus_christi.htm

            Xenerais do Ulla

           As festas máis tradicionais e que máis arraigo e sona teñen en todo o contorno son as do Entroido de Fao que se celebran o martes de carnaval pola tarde, coa típica mascarada e cos típicos “xenerais do Ulla” montados a cabalo. Non só na parroquia de Fao se celebran as típicas “máscaras” cos xenerais, tamén noutras parroquias de Touro como Bama, Touro  e Novefontes se teñen feito, igual ocorre noutras parroquias de concellos limítrofes. En cada sitio faise dun xeito parecido pero distinto. Non se sabe de certo cal é a orixe dos xenerais, fálase das antigas pelexas entre mouros e cristiáns e tamén hai quen di que se veñen celebrando así dende a invasión dos franceses pola similitude que hai entre as vestimentas dos soldados franceses e as dos “xenerais do Ulla”.

            Na parroquia de Fao, a forma de celebra-lo martes de Entroido ven sendo a mesma dende fai moitos anos. Despois de ensaiar varios días e de ter que moverse para buscar cabalos, vestimentas, megafonía, bombas, acondiciona-lo campo da festa para a "parada dos xenerais" facendo un cerrado cun arco na entrada que xeralmente se fai con mimosas..., en fin, a comisión organizadora ten que preocuparse destas e doutras moitas cousas para que todo estea a punto.

            Os primeiros en anunciar que empeza a festa son os Xenerais e Correo que se reparten polas distintas aldeas, entrando nas eiras para bota-las “vivas”, primeiro ó patrón da casa e logo ós demais familiares e festeiros que ese día veñen a come-la cacheira e os outros manxares típicos do carnaval. A xente corresponde cunha aportación monetaria  para sufraga-los gastos desta e doutras festas. Mentres tanto xa se vai xuntando a xente no campo da festa onde a parranda ou “rumba da Susita” empeza coas típicas cantigas satíricas e picantes acompañada tamén pola afamada “banda do Entroido” formada por algúns restos da antiga banda de música de Fao e outros compoñentes máis xoves que tocan noutras agrupacións musicais. Cando os Xenerais chegan de bota-las “vivas” esperan fora do recinto para dirixirse logo, acompañados pola banda de música e toda a comparsa, ó lugar da "parada dos xenerais" onde esperará o “centinela” no arco da entrada para dárllelo alto ó que fai de “correo” e logo entran os Xenerais montados en fermosos cabalos para ter un enfrontamento verbal e rimado no que repasan os últimos acontecementos das guerras e da política mundial. Cabalos e Xenerais van engalanados con traxes e monturas de vistosas cores. Os Xenerais levan traxes escuros bordados con adornos de ouro e cheos de condecoracións, levando tamén unhas bandas cas cores das bandeiras española e galega. Cobren a cabeza cunha especie de sombreiro ou bicorne con rechamantes plumaxes de pavo real, con flecos e outros abalorios de vistosas cores. Na man empuñan sable ou bastón de mando.

    Despois de face-las paces, os xenerais saen para fora do recinto e entran “os vellos” montados en burros ou noutros artefactos para darlle un toque de humor cos seus contos versificados e picantes nos que repasan os acontecementos da vida veciñal.

     Cando rematan os vellos, dende a mesa da alcaldía, é o “Alcalde do Entroido” o que fai un repaso xeral da vida municipal do Concello, parroquia por parroquia e aldea por aldea. O alcalde da paso a outros persoeiros pintorescos  e despois entran no campo os Srs. Frades, algún xa ascendido a Arcebispo, para redimir dos "pecados" a tódolos presentes.

       Finalmente faise o enterro do “Santo Entroido”, metendo o cadaleito no panteón de “Entroidos ilustres” despois de confortalo cos auxilios espirituais e coas cerimonias fúnebres habituais de dor e pranto. Así rematan os despropósitos e farturas de Don Carnal para dar paso a Dona Coresma, época de recollemento e abstinencia  de carne e dos outros praceres para os católicos practicantes.

    Outros personaxes típicos do entroido de Fao, en tempos pasados, eran "O Papamoscas" e "O vello dos cornos". O Papamoscas era un boneco que abría e cerraba a boca batendo os dentes, feitos con "bochas dos zocos". De "vello dos cornos" disfrazábase o home con máis humor e retranca para replicar con comentarios ocorrentes ós frades e demáis personaxes.        

  Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

    O monumento máis importante da parroquia é a igrexa parroquial que ten forma de cruz, cunha nave principal e unha capela a cada lado. Ten o altar principal na nave central e nas capelas tamén hay dous pequenos altares con varias imaxes de santos. Ten un campanario en forma de espadana  e na fachada principal hai un escudo de pedra incrustado na parede que ten esculpida unha figura con forma de ave, e outros símbolos e letras. Habería que consultar cun experto en heráldica e xenealoxía para descobrir o seu verdadeiro significado.

    Segundo información facilitada polo mestre D. Jaime Viaño Calviño que ten falado do tema con un párroco que estivo na parroquia, parece ser, e ten certa lóxica, que a ave 

da que falamos é en realidade o diminutivo de "pato", ou sexa, un "patiño". Eran cinco parrulos de prata sobre fondo azul os que formaban o escudo de armas

 da  "Familia Patiño", e esta familia participaba na elección dos curas párrocos da parroquia, un párroco elixíao o obispado e outro a familia Patiño. O parrulo que está representado no escudo da fachada pode indicar que na construcción da igrexa tamén tivera que ver a mencionada familia Patiño. Esta distinguida familia ten a orixe primitiva en Galicia e as súas distintas ramas das que formaban parte duques e marqueses extendéronse tamén  por outras rexións (Portugal, Andalucía, Italia, ... ).

    Outro dato importante que lle da máis credibilidade a todo o exposto anteriormente, é o feito de que hai persoas maiores da parroq

uia que aseguran ter escoitado nas súas casas, ós seus antepasados, que unha tal "Señora de Patiño" foi a que lle cedeu á parroquia de Fao as terras que hai arredor da igrexa e da casa rectoral, o que lle chaman  "A Vesada". Non se sabe de certo que relación tivo a igrexa con esa doación, o certo é que na actualidade, quen administra estas terras é o Obispado. Como decía aquel dito popular, "con la iglesia hemos topado".

     Hai que destacar como anécdota que todo o conxunto da torre do campanario leva xa moitos anos cunha forte inclinación cara o exterior desafiando dalgún xeito as leis da gravidade.

     Outro monumento a destacar polas súas dimensións é o local parroquial que albergou durante moitos anos ás dúas escolas nacionais, de nenos e de nenas, coas súas respectivas vivendas. Xa decía o finado mestre,  D. Manuel Amigo Vázquez (natural de Fao) que era a casa máis grande da parroquia.

    Ademáis da Croa do Castro, castro celta do que se fala no seguinte apartado, podemos observar nos montes, sobre todo nos montes de Quintas e de Trapa, preto do río Ulla, recintos circulares, excavados na terra e rodeados con muros de pedra cunha pequena entrada que os máis anciáns chaman ouriceiras, porque se gardaban aquí os ourizos cando se sacudían os castiñeiros. O que habería que investigar é se foron construidos con tal finalidad ou se polo contrario xa existían e despois foron aproveitados para facer as ouriceiras.

     Tamén temos que falar dos hórreos que había na maioría das casas, algúns deles de considerables dimensións (hórreo do Crego) e outros de singulares características. Había os típicos lavadoiros,  fontes comunais, e os muíños que ben merecen un apartado para falar deles.

Croa do Castro

    Aínda que os paisanos falan de contos e lendas de mouros encantados, que foron escoitando dos antepasados ó longo do tempo, a realidade, no que se refire á orixe dos castros, é moi distinta. Fálase de que a croa do casto era a eira dos mouros, que baixaban buscar auga á “mina de Pepín” por unha vaguada (natural ou artificial) que aínda se pode observar no monte. Outros contan que esta mina comunicaba coas covas do Pico Sacro  e co río Ulla. Hai quen identifica ós “nosos mouros”  cos árabes que invadiron España e que foron expulsados por “Santiago matamouros” e que os poucos mouros que quedaron aquí seguen vivindo en covas debaixo da terra onde gardan inmensos tesouros. Din algúns  que os tesouros estaban protexidos por serpes encantadas que de noite entraban nas casas dos veciños para mamar dos tetos das vacas ou das mulleres, e que para desencantalas había que darlle sete bicos ou arrincarlle un caravel que levaban na boca. Por iso din que cando os labregos traballan as terras onde hai covas de mouros, teñen que ter coidado cando aran e non afondar moito para non desfacerlle-lo tellado das covas. Cando ninguén os ve, saen das covas na procura de alimentos, roubaban porcos e tamén lles gustaba o viño, polo que non debían de ser demasiado relixiosos porque a doutrina de Mahoma non permite beber viño nin comer carne de porco. Cando os porcos dos veciños andaban ceibos polo monte e se achegaban ás covas dos mouros, podían saír ó exterior as mulleres mouras, que por certo, eran moi fermosas e seductoras pero podíanse transformar en serpes que había que desencantar. Estas mulleres alimentaban ós porcos con landras e castañas e en pago disto, cando os porcos estaban ben cebados, había que deixarlle o mellor porco na entrada da cova. Ó amencer do día seguinte xa o tiñan metido para dentro do refuxio.

     Deixando de lado todas esas historias e lendas populares, que son moi fantasiosas pero que non teñen base nin fundamento, intentaremos ter en conta fontes de máis creto, como son as fontes arqueolóxicas e os obxectos que foron aparecendo en excavacións recentes, para chegar á conclusión de que a “croa do castro”,  o mesmo que ocorre noutros castros similares do noroeste da península Ibérica (entre 2000 e 2500) ten a súa orixe na chamada cultura castrexa que puido durar preto de mil anos, dende o século quinto antes de Cristo ata o século quinto despois de Cristo, xa que despois de que os celtas viviran moitos anos nestes castros, coa chegada dos romanos, estes seguiron protexendo este tipo de asentamentos.

      Os castros eran pequenas aldeas fortemente amuralladas e fortificadas, de perímetro redondeado que se facían en lugares altos de fácil defensa. Dentro destes recintos construían casas pequenas de pedra, con pouca altura e con tellados de ramallos, palla e posiblemente barro. Dentro facían lume para asa-la carne dos animais que cazaban e tamén cociñaban en pucheiros de barro. Tamén se teñen atopado muíños de pedra de pequeno tamaño, o que nos fai pensar que dentro dos castros tamén tiña que haber fornos para cocer algún tipo de pan. Arredor dos castros do interior  de Galicia cultivaban a terra e tiñan gando. Na costa dedicábanse ás artes de pesca e marisqueo que era o seu principal sustento.

      A croa do castro ten unha superficie aproximada de 4900 metros cadrados, equivalentes a máis de nove ferrados da zona. Para calcular esta sembradura hai que ter en conta a anchura irregular que ten o muro que o rodea. Polas súas dimensións, non é precisamente dos máis pequenos que existen en Galicia. Está moi ben definido o longo de todo o seu perímetro. Por situarse no medio do monte, bastante afastado do que hoxe son núcleos habitados da parroquia de Fao, parece ser que a escasa acción da man do home nesta zona, pois non se realizaran traballos con máquinas agrícolas neste lugar, todo isto contribuíu de forma definitiva á boa conservación do castro. Na actualidade, a croa do castro está repartida en 17 fincas que pertencen a distintos propietarios. Tódalas fincas están dedicadas ó sector forestal; hai pinos, eucaliptos, carballos e castiñeiros.

            Sería aconsellable e desexable que os organismos correspondentes tomaran as medidas oportunas para protexer este lugar de accións incontroladas.

           Camiño Real

        A escasos cen metros da Croa do Castro, polos montes máis elevados da parroquia de Fao, pasa o que sen veu chamando ó longo dos anos “Camiño Real”.

       Para falar do Camiño Real, vamos facer primeiro unha breve reflexión histórica de como foron evolucionando os camiños dende os primeiros primitivos. No período Paleolítico cando a xente se alimentaba de froitos silvestres e  da carne dos animais que cazaba, os camiños eran naturais xa que ían seguindo os desprazamentos dos animais para poder cazar e ter alimento, polo tanto no existían camiños feitos a man. No período Neolítico os primitivos inventan a agricultura e xa comezan a domesticar animais, esto da lugar ós primeiros asentamentos ou poboados e polo tanto é de supoñer que xa  se vaian formando os primeiros camiños para relacionarse coas demais aldeas. Máis adiante, coa chegada dos celtas a Galicia, comeza un longo período que vai dende a Idade do Ferro ata os primeiros séculos despois de Cristo. Os celtas tráennos a cultura castrexa, vanse construíndo os castros que son asentamentos humanos que se facían en lugares altos, onde era máis fácil a súa defensa e ó mesmo tempo controlaban os camiños que os comunicaban. En Fao temos a Croa do Castro ó lado do Camiño Real, e polo xeral en moitos outros lugares de Galicia que conservan o topónimo “castro”, tamén houbo asentamentos celtas aínda que na actualidade se atopen desfeitos, na súa maioría pola acción do home. Despois dos celtas, chegan os romanos a Galicia, pero iso non supuxo a destrucción inmediata da cultura castrexa, seguíronse conservando a maioría dos castros e reforzáronse as comunicacións construíndo vías romanas empedradas sobre os camiños existentes e para acurtar distancias, os enxeñeiros romanos levantaron grandes pontes sobre os ríos, pontes que se conservaron intactas ó longo dos séculos. Igual que na actualidade, que hai autovías, estradas primarias, camiños de terra, etc., tamén había vías romanas de varios anchos e categorías dependendo do uso que se lle dera; moitos eran camiños de caracter militar para o paso das lexións romanas, outros eran rutas de transporte (a ruta da sal, do aceite, da prata, etc..).

          Resumindo, sobre os camiños prerromanos fixéronse calzadas romanas e sobre estas construíronse os camiños medievais e reais e aínda hoxe en día hai moitas estradas que seguen conservando o mesmo trazado.

         Tódolos estudios e libros que se foron escribindo nos últimos anos sobre as antigas comunicacións en Galicia  parten de escritos antigos como “os itinerarios de Antonino”, Ptolomeo, o “Anónimo de Ravena”, das “Táboas de Barro de Astorga”, dos miliarios que foron aparecendo, da toponimia existente (Castro, Rúa, Corredoira, Revolta, Lousada ou Lousarela, Pedreira, Vieiro, Mámoa, etc.). Os miliarios eran postes de pedra, cilíndricos, con base cadrada que se poñían ó lado das vías romanas e que tiñan inscricións sobre o tipo de vía, o nome do emperador romano e outros datos. A aparición dalgúns destes miliarios indica a existencia dalgunha calzada. Para descanso dos camiñantes, ó lado dos camiños había poboados e grandes mansións.

        Parte do itinerario de Antonino, “Tria – Assegonia - Brevis”, é o que pode estar máis vinculado ós asentamentos castrexos que había no que hoxe é o Concello de Touro, entre eles “A Croa do Castro” de Fao. Tria, o primeiro dos tres puntos do itinerario de Antonino, estaba situado cerca de Padrón, concretamente, moitos sitúano no que hoxe é Iria Flavia. O segundo punto Assegonia estaría situado preto de Santiago, varios investigadores sitúano no Concello de Boqueixón pola aparición dun miliario. O terceiro punto, Brevis, parece estar situado nas proximidades de Melide e despois seguiría a vía ata chegar a Lucus (Lugo). O certo é que os investigadores coinciden en algunhas cousas pero non coinciden nos mesmos trazados.        

     Un dos itinerarios romanos que máis se aproximan ó que hoxe é a parroquia de Fao é o que sinala G. Arias Bonet no libro “Los caminos del duumviro Lépidus y otras vías romanas. Vía de Lucus a Iria”. Este investigador sitúa a mansión romana de Pria que aparece nas Tablas de barro de Astorga, nun lugar de San Miguel de Moreira en Cuntis e dende aquí traza un camiño que vai costeando o río Ulla pola parte de Pontevedra ata poder atravesalo pola Ponte Basebe, despois seguiría por Novefontes e posiblemente atravesara o río Lañas pola Ponte Carballa, seguiría por Cornado e Turces ata chegar o monte do Viso en Dombodán onde hai unha capela e tamén había un antigo hospital de peregrinos. Neste monte situaría Assegonia.

        O doutor en Historia, Benito Sáez Taboada que escribiu a obra titulada “Las comunicaciones romanas en la provincia de A Coruña” editada por Laverde Ediciones,S.L. e que me serviu de referencia para escribir este apartado, sitúa a Assegonia ou Aixón na parroquia de Sergude (Concello de Boqueixón) e dende aquí traza unha ruta por entre os montes de A Pedreira e Vilaboa ata Corneda, seguiría próxima ós castros da Moura, Barreiros e Prevediños, a continuación seguiría por Noaio e Castro ata chegar a capela do monte San Sebastián en Loxo, despois iría máis ou menos polo trazado da actual estrada comarcal de Ponte Ulla a Burres e por Arzúa ata Melide.

        Meditando a fondo, o feito de que cada investigador trace o seu propio camiño para xuntar varios poboados ou mansións, aparte das coincidencias que poidan existir, entra dentro dunha lóxica razoable que houbera varias alternativas, xa que había vías principais, secundarias e outras de enlace, “tódolos camiños levan a Roma”.

        Para rematar de falar sobre o tema temos que deixar claras unha serie de consideracións:

  1. Na Croa do Castro, igual que nos outros castros existiu un poboado celta.
  2. Os distintos asentamentos tiñan que estar comunicados por algún camiño.
  3. Coa chegada dos romanos ampliouse a rede viaria.
  4. Sería lóxico pensar que o actual Camiño Real que pasa moi preto do Castro de Fao, xa podía existir na época prerroma e logo se transformara en Camiño Real que comunicaba e sigue a comunicar as comarcas de Santiago e de Vila de Cruces a través da Ponte Basebe.

    Pazos

     Non se pode falar da historia da parroquia de Fao sen facer mención ó Pazo de San Cristovo, que a pesares de estar bastante afastado do resto dos núcleos poboados da parroquia, garda relación con apelidos ilustres coma os Montero, os Neira, os Montenegro e os Gasset entre outros. Está situado ó suroeste da parroquia e as súas terras forman unha finca que na actualidade mide máis de 500 ferrados da zona pero nos séculos pasados posuía moitas máis terras. Nos seus momentos de esplendor algúns herdeiros chegaron a emparentarse cos donos doutras casas importantes, entre elas a Casa de Brandeso. Unha tal Isabel Montero Figueroa procedente do Pazo de Brandeso casou no ano 1637 con Cristóbal Fernández Moreiras, propietario de San Cristovo, e despois no ano 1657 volveu a casar co alférez Marcos Fernández Moreiras, irmán do anterior. Unha filla do primeiro matrimonio, María, Casou con Antonio López de Neira que era o dono de casas importantes da comarca do Deza. Os descendentes dos anteriores, foron emparentando con xente da fidalguía ata que despois dalgunhas xeneracións nace Juan José Neira Pardo,  que por estar dentro da liña sucesoria de Isabel Montero, faise dono do Pazo de Brandeso, xa que este quedara sen herdeiros. Por iso din algúns maiores da parroquia de Fao que viñan carros cargados de cereais para San Cristovo. Durante os séculos XIX e XX,, o pazo foi pasando por mans de familias importantes ata que finalmente tivo que ser vendido.

    Os terreos do pazo chegan ó río Ulla, un pouco máis arriba do chamado Pozo do Pego. Son terras moi abrigadas do norte e orientadas cara o sur polo que se producían aquí grandes colleitas de cereais, patacas, froitas e viños de excelente calidade. As súas praderías tamén permitían a cría de gando vacún, cabalar, porcino e outros animais domésticos.

      Para chegar a este pazo hai que coller un camiño de carro que arranca da aldea do Cascallón polo fondo da agra de Vileriño, antes de chegar observaremos unha fonte a beira do camiño e a súa auga vai por un rego canalizado, tapado con lousas ata chegar preto do pazo. Primeiro atoparemos a casa onde vivían os caseiros que traballaban no pazo, na que aínda se poden observa-las distintas dependencias. Pegado a esta casa hai un alpendre que na actualidade está case desfeito. Máis abaixo á esquerda está o pombal, de considerables dimensións, tamén en estado ruinoso. Seguindo por un carreiro chegamos a unhas columnas de pedra onde estaba amarrado o portal que daba acceso á casona. Entrando  a esquerda hai un pequeno cobertizo  no que supostamente se amarraban os cabalos e a dereita hai unha pequena capela que agora está tellada con uralita e na que se observa un pequeno altar en estado ruinoso, no que faltan as imaxes. Enfronte está a casona que ten dúas naves que se xuntan formando ángulo recto. Detrás da casa está o lagar. Na porta principal da casa, que está ben cerrada pódense observa-los restos da instalación eléctrica que alimentaban cun pequeno dínamo instalado no rego de Portamuiños. O que non se atopa por ningures é o escudo, un dos elementos típicos de calquera pazo que se prece. Tampouco se ten constancia de que nesta casa houbera escudo en tempos pasados. De todas formas, foron varias as familias ilustres que posuíron ou tiveron relación co pazo de San Cristovo.

      Na actualidade, as que antes eran terras de labor, son agora espesos bosques nos que foron nacendo de forma desordenada plantas autóctonas, sobre todo carballos, castiñeiros, loureiros, salgueiros e outras especies de gran beleza paisaxística pero de escaso interese económico. Custa traballo imaxinar que estes montes, agora en abandono, produciran noutros tempos productos agrícolas de  boa calidade.

    Para ter máis información do Pazo de San Cristovo non deixen de visitar a seguinte páxina web:

https://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?t=2692&highlight=casa+++brandeso&sid=410ebcc7256503a6f148380311fe099b

    Se visitaron o enlace anterior, poden ver que na Parroquia de Fao tamén se fala da existencia  doutra casa con escudo de armas, a Casa dos Becerra ou dos Ferreiros.

    Se seguimos monte arriba, ó lado das terras do pazo de San Cristovo hai unha finca de considerables dimensións (máis de 200 ferrados) que contaba con excelentes zonas de cultivos agrícolas e que na actualidade tamén está cuberta de carballos e outras especies que forman un denso e tupido bosque. É a chamada “Finca do Retorno” que aínda conserva a casa onde se refuxiaban os empregados.  

    Tamén hai que mencionar que na aldea de Pena hai unha casa en estado de abandono que lle chamaban  "A Casa da Illoa". Na fachada desta casa ainda está o escudo coas armas dos antigos propietarios, o que nos indica que procede dunha importante familia. Nesta casa recollíanse as rendas de varios veciños da parroquia. A balconada que tiña diante da porta derrubouse cando se ampliou o camiño da aldea.

    Muíños

        Os muíños que se construían nos ríos e principais regatos, xogaron un papel fundamental na economía familiar dos séculos pasados. En Fao existían polo menos unha ducia de muíños que estaban distribuídos no río Ulla, no Lañas, no regato de Portamuíños e no de Liñares. No Lañas, había catro muíños pertencentes a esta parroquia: os dous muíños das Pombas, que estaban na mesma construcción, eran o Muíño do Crego e o de aparcería; os dous da Carballa, recentemente restaurados polo Concello e o chamado Muíño  Vello (xa desaparecido) no que  tiñan participación veciños de Fao e de Touro. Xunto a este muíño había tamén un pequeno dínamo que levaba electricidade para a casa do Tendeiro de Bustelo. Hai que dicir tamén que os dous muíños da Carballa conservaron os nomes de dúas familias desta parroquia; o Muíño de Lago e o Muíño dos Castelos.

         No Rego de Portamuíños aínda se conservan os restos do Muíño de Valerio, do Muíño de Rilo, do Muíño de San Cristovo e do muíño de Xan de Rilo. Xunto ó muíño de San Cristovo tamén había un dínamo que producía electricidade para o pazo que leva este nome.

         No Rego de Liñares, preto da aldea do Arroeiro están os restos dun muíño que lle chamaban o Muíño dos Ferreiros. Máis abaixo do anterior, no fondo dos prados de Liñares hai outro muíño con tódalas pezas en bo estado de conservación. Uns cantos metros máis abaixo deste muíño hai un forte desnivel no terreo e cando o regato vai cheo, forma unha espectacular fervenza que lle chaman “A Fervenza do Inferniño”.

    No río Ulla, en Quintas,  estaba o muíño e o dínamo da casa do Malagueño. Preto deste pero na outra banda do río estaba o muíño de Mato, pero este xa pertencía á parroquia de Brandomés na provincia de Pontevedra.   

    Máis recentemente, construíuse no centro da parroquia, na aldea dos Paces, un muíño de maquía que funcionaba con electricidade e que atendían a medias as familias Castelo de Eirexe e Pampín de Soutullo. Este muíño contaba tamén cunha peneira eléctrica que iba peneirando e clasificando a fariña dende a máis miúda ata o relón ou salvado.

         A maior parte dos muíños de auga eran de varios veciños e cada un tiña que moer os días ou noites que lle correspondían segundo as “pezas” que tivera. Cada peza daba dereito a moer doce horas, ás veces de día e outras veces de noite. Estas pezas fóronse herdando de pais a fillos ó longo de varios séculos. Os encargados de pica-las pedras do muíño para que moera ben, e de arranxar tamén os outros mecanismos para que todo estivera a punto, eran “os compoñedores” que ó cabo do ano ían de casa en casa recollendo a maquía ou pago en especies (millo, trigo ou centeo). Cada veciño tiña que pagar segundo o número de “pezas” que tivera. Para que se fagan unha idea, este que escribe, neto dun destes compoñedores, o primeiro abrigo feito a medida que tivo cando era cativo, foi cos cartos da venda do gran que se xuntou ese ano. Cando os arranxos do muíño eran de máis envergadura xuntábanse tódolos propietarios que tiñan pezas no muíño para entre todos porlle remedio: reparación do tellado, transporte dunha nova moa ou capa cando a vella estaba gastada ou rota, construcción da canle para a  auga con pedras ou escarbando á man un tronco dun carballo ben feito, e outros traballos.

     Rutas de sendeirismo

     Por Fao están trazadas dúas rutas de sendeirismo, que intentan segui-las ribeiras dos ríos, con abundante vexetación autóctona e pasando polas paraxes de maior interese.

      

 

Ruta dos tres ríos: da Santaia á Ponte Basebe         

    Esta primeira ruta arranca da Área Recreativa da Santaia, segue pola marxe dereita do río Lañas,  preto da aldea de Bustelo, pasa polos muíños da Carballa que foron restaurados recentemente e o chegar á Ponte da Carballa, cruza para a outra marxe do río Lañas e segue polos montes de Cornado. Un pouco máis abaixo do muíño das Pombas e da presa do Xastre pasa xunto a un espectacular salto natural do río, no que se pode observa-la forza erosiva da auga que durante miles de anos foi desgastando as rochas e formando ocos redondeados polos que a auga baixa con forza formando figuras caprichosas ó ser fotografada, como ocorre na foto ilustrativa cando se amplía. ¡Ben poidera ser refuxio de trasnos e pantasmas! Ou testemuña de crimes ou suicidios espantosos. Seguindo un pouco máis, pasamos por diante da casa do Xastre e desvíase un pouco do curso do río ata chegar a unha ponte sobre o río Beseño dende a que se ve a igrexa de Santiso de Cornado. Baixamos a carón deste río ata a súa desembocadura no río Lañas, seguimos ata a ponte da Laña e cruzamos o Lañas para a outra marxe, xa na parroquia de Novefontes e seguimos pola súa beira dereita ata a súa desembocadura no río Ulla. Seguindo un pouco máis está a Ponte Basebe que é onde remata esta ruta de aproximadamente 10 Kilómetros que se pode facer en menos de catro horas. Levando un calzado apropiado non presenta maiores dificultades agás ter que subir e baixar algúns desniveis.

      Ruta da Ribeira do Ulla: da Ponte Basebe ó Pozo do Pego (homologada)

      Falamos desta segunda ruta porque tamén se percorren os montes de Fao, próximos ó Ulla, nunha boa parte do seu traxecto. A ruta comeza na Ponte Basebe, pola marxe dereita do río Ulla, atravesa a carballeira de Basebe, segue pola beira do río ata chegar a unha presa, aquí hai que coller un carreiro a dereita e deixa-lo curso do río para seguir por un espeso e impoñente bosque de plantas autóctonas ata chegar a un cruce de camiños onde temos que coller monte abaixo e chegar de novo á marxe do río por onde seguiremos un longo traxecto que nos levará á fervenza  do Inferniño, fervenza que forma o regato Liñares entre as parroquias de Fao e Novefontes. Na cima desta fervenza hai un muíño de auga aínda ben conservado, pero para visitalo hai que aparruñar polos peñascos que forman a fervenza para salvar un forte desnivel no curso do regato (só para os máis atrevidos). Partindo da parte baixa da fervenza hai que seguir por un carreiro apartado do Ulla e que pasando por Quintas, cerca da casa do Malagueño, segue polos montes de Fao ata  meterse de novo pola beira do río, cerca do pozo de Trapa. Antes de chegar a este lugar, podemos observar preto do camiño os restos de recintos circulares, excavados na terra e rodeados con muros de pedra cunha pequena entrada que os paisanos chaman ouriceiras porque se gardaban aquí os ourizos cando se sacudían os castiñeiros. O que habería que investigar é se foron construídos con tal finalidade ou se polo contrario xa existían e despois foron empregados como ouriceiras. Atravesamos pola carballeira que hai xunto o pozo de Trapa onde anchea bastante o río, despois por unha leira de eucaliptos e volvemos a deixa-la marxe do río para subir cara o monte do Retorno, pasamos ó lado da vella casa do Retorno e logo pasamos moi pretiño do Pazo de San Cristovo. Despois de visita-los restos do pazo, se é que somos capaces, polo abandono no que se atopa, dirixímonos por un carreiro fondo e estreito ata chegar ó regato de Portamuíños, onde hai varios muíños abandonados. Atravesando este regato, seguimos por un bosque denso ata chegar a unha fervenza que forman as augas que baixan da aldea de Pena e que despois se dispersan en sinuosos regatos que baixan polas penas e polo monte que ten aquí un gran desnivel ata chegar ó Pozo do Pego no río Ulla, onde o río xira  despois de formar un amplo e profundo  remanso do que se contan moitas historias. Din algúns paisanos que as augas facían un remuíño  do que os nadadores non daban escapado e despois de tragalos ían saír río abaixo. Para chegar ó Pozo do Pego hai que baixar por un camiño de carro e despois de contemplar a beleza deste lugar retrocedemos polo mesmo camiño para continuar coa ruta meténdonos por pistas da concentración parcelaria ata chegar á estrada que baixa de Fao a Ribeira. Aquí remata o itinerario desta segunda e cen por cen natural, ruta de sendeirismo.

PARROQUIA DE SAN XOÁN DE FONTES  ROSAS

                            Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Xoán.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web: https://www.churchforum.org.mx/santoral/Junio/2406.htm 

                           https://www.churchforum.org.mx/santoral/Agosto/2908.htm       

 https://www.magnificat.ca/cal/esp/06-24.htm#baptiste

Superficie: 1,96 Km²  = 196 hectáreas = 3656,7 ferados.

Habitantes ano 2004: 36.

Latitude: 42º51'

Lonxitude: 8º21'

Lugares: Cimadevila e San Xoán.

Sacerdote:  D. José Manuel Recarey Añón.   Teléfono móvil: 689980475

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

        Xeografía

      A parroquia de Fontes Rosas está situada no centro do concello. Pola súa extensión é a segunda parroquia máis pequena do concello de Touro. Linda polo norte coa parroquia de Loxo; polo sur con Enquerentes; polo leste con Ribeira e polo oeste co río Brandelos que a separa de Bama e Prevediños. Os principais regatos van parar ó Brandelos.

      O clima é de tipo oceánico, san e ventilado. As terras son de boa calidade e producen os productos típicos da zona, abundando as praderías para pasto do gando vacún e tamén conta con terreo forestal e plantacións recentes de pinos e eucaliptos.   

     Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

      Comunicacións

      Esta parroquia está a cinco quilómetros de Fonte Díaz, capital do municipio. Pasa polo oeste da parroquia a estrada comarcal que vai de Arzúa a Ponte Ulla. Tamén se comunica coas parroquias de Loxo e Enquerentes por outra estrada local que pasa polas tres parroquias.

     As festas son máis ben de  carácter relixioso e familiar. Por tratarse de parroquias pequenas, hai escasos recursos económicos para facer verbenas populares. Son o domingo anterior ó 24 de xuño na honra de San Xoán.

      Monumentos e restos arqueolóxicos.

     Nada importante que destacar. Hai unha pequena igrexa parroquial, xunto a que está o cemiterio, unha oliveira diante da fachada principal e unha fonte máis abaixo en distinto nivel.

       PARROQUIA DE SAN BREIXO DE FOXÁS

    

 Igrexa Parroquial

   PATRONO: San Breixo.

Para saber máis cousas deste santo vaian á seguinte páxina web:

https://www.galiciaenfiestas.com/sanbreixotouro.htm

Datos de interese:

Superficie: 5,98 Km²  = 598 hectáreas = 11156,7 ferrados.

Habitantes ano 2004: 308.

Latitude: 42º49'

Lonxitude: 8º21'

Lugares: Besaña,  Eirexe,  Fontechá, Foxás de Abaixo,  Grixó,  Obra, Sobredo  e Tolán.

Sacerdote: D. José Antonio Caldelas Ribas.

Teléfonos do sacerdote:

     Xeografía

    A parroquia de San Breixo de Foxás está situada ó suroeste do concello, na marxe dereita do río Ulla que fai fronteira natural coa provincia de Pontevedra. Linda polo norte coas parroquias de Prevediños, Enquerentes e Ribeira; polo sur, coa parroquia de Bendaña e o concello de Boqueixón; polo leste, co río Ulla e polo oeste coas parroquias de Vilar e de Prevediños.

     Os seus principais ríos son o mencionado río Ulla, o Brandelos que desemboca no Ulla preto da ponte Besaña,  o Quintás que baixa de Prevediños e pasando pola aldea de Grixó xúntase co Brandelos,  e tamén outros regatos de menor importancia que van parar ós anteriores.

      O clima e de tipo oceánico, con algunhas xeadas e con choivas abundantes. As terras son de boa calidade e aparte dos cultivos habituais da zona, nos lugares máis abrigosos cultívanse con facilidade hortalizas, legumes e viño de boa calidade, sobre todo na aldea de Obra que tamén é a máis numerosa en habitantes.

     Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

      Comunicacións

    Parroquia moi ben comunicada coas outras parroquias limítrofes e tamén coa provincia de Pontevedra pola Ponte Remesquide. A estrada local con maior densidade de tráfico é a que vén de Merés  polas distintas parroquias da marxe do Ulla e despois de atravesar por Foxás enlaza no empalme de Vilar coas estradas comarcais que van de Arzúa a Ponte  Ulla  unha, e de Ponte Ledesma a Santiago a outra. Despois hai unha pista que apartando na aldea de Obra, pasa pola ponte  Besaña e segue por Bendaña ata  Ponte Ledesma; outra que dende a aldea de Eirexe vai saír a Prevediños; outra que pasando por Grixó vai saír a Camporrapado e outros varios enlaces que forman un entramado no que tamén é fácil perderse. Xa dicían os maiores que a Obra era terra enmeigada e o que alí se perdía non saía en toda a noite.

     Festas

     As festas principais da parroquia son no mes de outubro,  xa empezan o primeiro fin de semana pero a festa máis importante e que máis sona ten, non só na parroquia, tamén en todo o contorno, é a romaría na honra do San Breixo (Patrón da parroquia), que ten sido e aínda sigue  sendo a festa de campo mais importante de todo o Concello de Touro. Antes do delito ecolóxico que foi a corta de carballos centenarios para face-lo campo da festa libre de obstáculos pero tamén de sombras, eran moitas as familias dos arredores que levaban a comida para xantar debaixo deles ou come-lo polbo e probar xa, o primeiro viño novo. Antes había romeiros tódolos domingos de outubro, pero o día principal do San Breixo é o segundo domingo.

   Na aldea de Obra, na capela de Santa Cristina tamén se celebra unha festa o día 24  de xullo, que coincide co día do fogo do Apóstolo en Santiago. Para saber cal foi a vida desta santa vaian á seguinte páxina web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/07-24.htm#christine   

     Monumentos e restos arqueolóxicos

    A igrexa parroquial de Foxás era famosa, non só pola romaría do San Breixo, senón tamén por ter un campanario cunha gran campá equipada cun mecanismo de reloxería que lle facía da-las campanadas a tódalas horas do día, o que era un referente para os paisanos, xa que daquela non había reloxos como hai agora. Podíase escoitar varios quilómetros a redonda dependendo da dirección do vento. Temos tamén unha capela na aldea de Obra dedicada a Santa Cristina e outra nunha casa particular na aldea de Grixó dedicada a San Xosé. Para saber cal foi a vida deste santo vaian á seguinte páxina web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/03-19.htm#joseph    

    Tamén hai lugares que levan o nome de "Castro", o que nos indica que houbo castros celtas que se foron desfacendo debido ós fenómenos naturais e sobre todo humáns, xa que foron e están sendo aproveitados polos labregos que teñen leiras neles.

PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LOXO

 

                                               Igrexa parroquial

  PATRONA: Santa María.

Para saber cal foi a vida desta santa vaian á seguinte páxina web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/08-15.htm#assomption

Datos de interese

Superficie: 10,56 Km² = 1056 hectáreas = 19701 ferrados.

Habitantes ano 2004: 499.

Latitude: 42º52'

Lonxitude: 8º19'

Lugares: Arinteiro,  Bravos,  Capela,  Casas Novas, Cotiño,  Eirexe,  Goleta, Goritas,  Loureda,  Louredela,  Loxo,  Muíños de Balsas, Outeiro,  Peixón,  Torreis de Abaixo,  Torreis de Arriba,  Tribás, Vilanova e Vilaperre.

Sacerdote:  D. José Manuel Recarey Añón.   Teléfono móvil: 689980475

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

 

     Xeografía

    A parroquia de Santa María de Loxo está situada ó noroeste do concello, na parte meridional do monte Costa do Picón, monte que foi alterado para o aproveitamento mineiro para quitar mineral de cobre e ferro pero que xa deixou de ser rendible polo escaso mineral que se viña atopando ultimamente. Linda polo norte coa dita explotación mineira que se estende tamén por terras do concello de O Pino; polo sur coas parroquias de Fontes Rosas e Ribeira; polo leste coa parroquia de Touro e polo oeste con Bama.  Outro monte que se atopa situado nesta parroquia e que tamén é un punto xeodésico dos máis altos do concello con 392 metros, é o monte de San Sebastián no que había unha capela e se celebraba unha romaría. Na actualidade a festa celébrase no fondo do coto onde se construíu outra capela. Arriba xa non queda capela, tan só hai antenas reemisoras de televisión e pódese acceder ata o cume por unha pista forestal. O principal río é o Brandelos que baixa polo oeste da parroquia, e a este van parar outros regatos que baixan do Monte Picón, entre eles o Rego de Pucheiras.

       O clima é de tipo oceánico, san e ventilado, con abundantes xeadas nas terras máis altas da parte Norte e máis abrigoso no sur. Os productos son os típicos da zona. As terras permiten o cultivo de millo, trigo, centeo, aveas, algunhas froitas, legumes e verduras. Pero na actualidade abundan as praderías para a cría de gando vacún que tamén tende a desaparecer, pola crise que sufre o sector agrícola e gandeiro. O monte forestal está aumentando coas plantacións que se están facendo con especies de crecemento rápido: pino e eucalipto. Hai caza e había algo de pesca, se non fora polas augas contaminadas que baixan das minas.  Dentro da caza, é o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

       Comunicacións

      Parroquia moi ben comunicada coas demáis parroquias limítrofes e coa capital do concello, da que dista 3 quilómetros. Tamén está cruzada pola estrada que vai de Arzúa a Ponte Ulla.

        Festas

       As festas patronais son pola Santa María, os días 15, 16 e 17 de Agosto. Tamén se fai festa polo Corpus, pero a máis coñecida é a festa do Coto de San Sebastián que agora se fai o lado da capela que hai no fondo do Coto. O primeiro domingo de Xullo é o “Coto Grande” e o segundo domingo é o “Coto Pequeno”. Esta festa era antes romaría de campo. Para saber da vida de San Sebastián vaian ás seguintes páxinas web: https://es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=14917              https://www.terra.es/personal/angerod/sebastia.htm

          Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

       A igrexa parroquial é unha das máis importantes e bonitas do concello. Esta igrexa pertencía antes o convento dos Dominicos de Santiago. Actualmente figura no inventario Histórico – Artístico do concello de Touro o mesmo que o cruceiro que está preto, un pouco máis arriba da igrexa. Abaixo da igrexa hai un cemiterio cunha gran sobreira no medio. Xunto o coto de San Sebastián está a pequena capela onde se fai a romaría de San Sebastián.

      Fálase en antigas escrituras do século XII dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro.

      Existe na parroquia unha escola unitaria de Educación Infantil, sendo xunto coa de Turces as únicas unitarias do Concello nas que aínda se seguen impartindo clases. 

PARROQUIA DE SANTIAGO DE NOVEFONTES

 

                                                                           Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: Santiago.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/07-25.htm#jacques

https://www.legionhermosillo.com.mx/San_Santiago_El_Mayor.html                     https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=561

Superficie: 6,35 Km²  = 635 hectáreas = 11847 ferrados.

Habitantes ano 2004: 166.

Latitude: 42º49'

Lonxitude: 8º17'

Lugares: Basebe,  Campo,  Capela,  Corvite,  Dozariñas, Eirexe,  Penelas,  Sestelo e Xondo.

Sacerdote:  D. José Manuel Recarey Añón.   Teléfono móvil: 689980475

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

    Xeografía

   A parroquia de Santiago de Novefontes está situada ó sur do Concello de Touro na parte central, formando unha península rodeada polo río Ulla polo leste, polo sur e en parte polo Oeste. Linda polo noroeste coa parroquia de Fao e polo norleste co río Lañas que a separa da parroquia de Cornado.

     O clima é de tipo oceánico, con chuvias abundantes, algunhas xeadas no inverno  pero con sitios bastante abrigosos que permiten o cultivo de productos máis temperás que noutras parroquias, sobre todo verduras e legumes (cebolo, repolos, etc..) Tamén produce os cultivos habituais das parroquias limítrofes; millo, trigo, centeo, patacas, viño, algunhas froitas, etc.. Pero o que máis abunda son as praderías con pasto para a cría do gando vacún e outros animais domésticos de consumo caseiro. Tamén é abundante o monte arborado, con diversas especies autóctonas na marxe do río Ulla, sobre todo carballos e castiñeiros que están deixando paso ás plantacións que se están a facer con especies de crecemento rápido coma os pinos e eucaliptos. Estas plantacións estanse facendo en parcelas concentradas que antes eran boas terras de labranza ou prados que agora deixaron de ser rendibles debido a crise do sector agrícola e gandeiro, que está provocando o despoboamento do medio rural, ou que as persoas que seguen vivindo nas aldeas teñan que dedicarse a outros traballos.  Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

       Os principais ríos son o Ulla que é a liña divisoria coa provincia de Pontevedra, e o seu afluente o Lañas que lle dá as súas augas á altura desta parroquia. Outros regatos de menor importancia van parar tamén os anteriores. Entre estes temos o rego de Liñares que baixa da parroquia de Fao e forma a fervenza de “O Inferniño” entre as dúas parroquias, un pouco antes de desembocar no Ulla. Outro regato que pasa preto da igrexa e os regos de Basebe tamén van parar ó río Ulla. Neste río ainda se poden pescar algúns peixes, sobre todo  troitas e algún salmón.

        Comunicacións

        Nesta parroquia temos a Ponte Basebe que xunto coa  Ponte Remesquide, son os dous únicos puntos de comunicación do Concello de Touro coa Provincia de Pontevedra a través do río Ulla. Ben comunicada coa capital do municipio, da que dista catro quilómetros, polo chamado “Camiño Real” que tamén pasa por Fao e antigamente comunicaba a provincia de Pontevedra coa comarca de Santiago pola antiga Ponte Basebe. Hai tamén outra estrada que a comunica coas aldeas de Fao e tamén coa parroquia de Cornado pola ponte sobre o Lañas (xunto a casa do Lañeiro de Santiso) pero este non é camiño apto para coches.

         Festas

         As principais festas son as patronais que se celebran polo Santiago Apóstolo, os días 25, 26 e 27 de Xullo.

         Tamén se fai festa polo San Xorxe, que antes era festa de campo á que acudían romeiros doutras parroquias que levaban unllas e outras pezas do porco que se poxaban alí para ofertárllelas ó Santo.

         Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

         No fondo da parroquia, bastante afastada das casas, está a igrexa parroquial que ten o campanario en forma de torre, e poucas máis cousas que destacar dos outros elementos arquitectónicos que son os típicos de calquera igrexa parroquial. Xunto a igrexa está a casa rectoral en estado de abandono e tamén a vella escola á que ían os nenos da parroquia baixando por camiños embarrados. Máis tarde construíuse unha pequena escola unitaria no centro da parroquia pero que na actualidade tamén está cerrada por falta de nenos pequenos.

         No monte de Caroceiros existen restos dun antigo templo ou monumento que habería que investigar para saber algo do seu pasado. Din os paisanos da parroquia que incluso viñan os da outra bando do río Ulla facer aquí enterramentos.

         Rutas de sendeirismo

        Ruta dos tres ríos: da Santaia a Ponte Basebe

       Esta primeira ruta arranca da Área Recreativa da Santaia, segue pola marxe dereita do río Lañas,  preto da aldea de Bustelo, pasa polos muíños da Carballa que foron restaurados recentemente e o chegar a Ponte da Carballa, cruza para a outra marxe do río Lañas e segue polos montes de Cornado. Un pouco máis abaixo do muíño das Pombas e da presa do Xastre pasa xunto a un espectacular salto natural do río no que se pode observa-la forza erosiva da auga que durante miles de anos foi desgastando as rochas e formando ocos redondeados polos que a auga baixa con forza formando figuras caprichosas ó ser fotografada. ¡Ben puidera ser refuxio de trasnos e pantasmas! ou testemuña de crimes ou suicidios espantosos. Seguindo un pouco máis pasamos por diante da casa do Xastre e desvíase un pouco do curso do río ata chegar a unha ponte sobre o río Beseño dende onde se ve a igrexa de Santiso de Cornado. Baixamos a carón deste río ata a súa desembocadura no río Lañas, seguimos ata a ponte da Laña e cruzamos o Lañas para a outra marxe, xa na parroquia de Novefontes e seguimos pola súa beira dereita ata a súa desembocadura no río Ulla. Seguindo un pouco máis está a Ponte Basebe que é onde remata esta ruta de aproximadamente 10 Kilómetros que se pode facer en menos de catro horas. Levando un calzado apropiado non presenta maiores dificultades agás ter que subir e baixar algúns desniveis.

     Ruta da Ribeira do Ulla: de Ponte Basebe a Ribeira polo Pozo do Pego (homologada)

    A ruta comeza na Ponte Basebe, pola marxe dereita do río Ulla, atravesa a carballeira de Basebe, segue pola beira do río ata chegar a unha presa, aquí hai que coller un carreiro a dereita e deixa-lo curso do río para seguir por un espeso e impoñente bosque de plantas autóctonas ata chegar a un cruce de camiños onde temos que coller monte abaixo e chegar de novo á marxe do río por onde seguiremos un longo traxecto que nos levará a fervenza  do Inferniño, fervenza que forma o regato Liñares entre as parroquias de Fao e Novefontes. Na cima desta fervenza hai un muíño aínda ben conservado. Desde a fervenza hai que seguir por un carreiro apartado do Ulla e que pasando por Quintas, cerca da casa do Malagueño, segue polos montes de Fao ata  meterse de novo pola beira do río, cerca do pozo de Trapa. Aquí volvemos a deixa-la marxe do río para subir cara o monte do Retorno, pasamos ó lado da vella casa do Retorno e logo chegamos ó Pazo de San Cristovo. Despois de visita-los restos do pazo, se é que somos capaces, polo abandono no que se atopa, dirixímonos por un carreiro fondo e estreito ata chegar ó regato de Portamuíños, onde hai varios muíños abandonados. Atravesando este regato, seguimos ata chegar a unha fervenza que forman as augas que baixan da aldea de Pena que despois se dispersan en sinuosos regatos que baixan polas penas e polo monte que ten aquí un gran desnivel ata chegar ó Pozo do Pego no río Ulla, onde o río xira  despois de formar un amplo e profundo  remanso do que se contan moitas historias. Din algúns paisanos que as augas fan un remuíño  do que os nadadores non dan escapado e despois de tragalos van saír río abaixo. Aquí remata o itinerario desta segunda e cen por cen natural, ruta de sendeirismo.

PARROQUIA DE SANTIAGO DE PREVEDIÑOS

 

                                        Igrexa parroquial

PATRONO: Santiago.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/07-25.htm#jacques

https://www.legionhermosillo.com.mx/San_Santiago_El_Mayor.html                     https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=561

Outros santos honrados nesta parrquia son os seguintes:

         Nosa Señora do Perpetuo Socorro: https://www.corazones.org/maria/perpetuo_socorro.htm       

 https://www.geocities.com/Pentagon/8745/infanteria/socorro.htm

         Nosa Señora da Purificaión (Purificación da Virxe María): https://www.magnificat.ca/cal/esp/02-02.htm

         Nosa Señora da Concepción (Inmaculada Concepción): https://www.theworkofgod.org/Spanish/Libreria/Catolico/Inmaculada_Concepcion.htm

https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=476

Datos de interese:

Superficie da parroquia: 11,03 Km²  = 1103 hectáreas = 20578 ferrados.

Habitantes da parroquia no ano 2004: 378.

Latitude: 42º50'

Lonxitude: 8º23'

Lugares ou aldeas: Castro, Corneda, Insua, Millares Pequeno, Mince,  Noiao,  Quintás,  Renque e Sanguñedo.

Sacerdote:  D. José Sánchez Piso

Teléfonos do sacerdote:

    Xeografía

    A parroquia de Santiago de Prevediños está situada ó oeste do concello de Touro. Pola súa superficie, é a parroquia máis extensa do Concello de Touro. Linda polo norte coa parroquia de Bama; polo sur, con Vilar; polo leste coas parroquias de Fontes Rosas, Enquerentes e Foxás, e polo oeste co concello de Boqueixón. O río principal é o Brandelos que baixa polo leste da parroquia e que logo desembocará no Ulla. Van parar ó Brandelos outros ríos como o Quintás e o do Barranco que aínda que son menos caudalosos, nas súas marxes o terreo pode formar barrancos con fortes pendentes que van alternando con outras zonas máis chás dedicadas ós cultivos agrícolas e a gandería.

    O clima é de tipo oceánico máis ventilado e con xeadas no inverno nas terras  altas. Os cultivos son os habituais das demais parroquias pero o que máis abunda son as praderías que permiten a cría de gando vacún, que se agrupa nunhas poucas granxas. Tamén ten gran cantidade de monte arborado con varias especies, sobre todo pinos e eucaliptos. Tendo en conta que a actividade agrícola e gandeira é pouco rendible, existe a tendencia  de transformación de terras agrícolas de boa calidade en terreo forestal, con repoboacións de especies de crecemento rápido, aínda que este sector tamén está en crise polo baixo prezo  da madeira.

    Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

    Comunicacións

    Parroquia moi ben comunicada co resto das parroquias limítrofes tanto de Touro como de Boqueixón. Pasa tamén por esta parroquia a estrada comarcal que vai de Ponte Ulla a Arzúa.

     Festas

    As principais festas son polo Socorro que se celebran en setembro. Despois temos as festas patronais na honra de Santiago e tamén se fai festa nas capelas da parroquia, a de Noaio e a de Brandelos na honra da Purificación e da Concepción.

Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

Temos a igrexa  parroquial, no medio do monte e un pouco afastada das casas onde tamén está o cemiterio e un cruceiro.

            No centro da parroquia, xunto á estrada comarcal que vén de Ponte Ulla, hai unha pequena capela adicada á Nosa Señora do Socorro.

            Na aldea de Noaio está a capela de Nosa Señora da Purificación, onde se celebra a festa que antigamente se celebraba xunto o río Brandelos.

            En Brandelos tamén se restaurou a antiga capela e xunto a esta construíuse outra por un particular que está dedicada á Nosa Señora da Concepción.

            De Brandelos temos que falar máis polo miúdo porque aparte  da romaría que se facía na carballeira que hai ó lado da capela, tamén se celebraba aquí unha feira, o día seis de cada mes. Neste mesmo lugar xunto o río Brandelos nace unha fonte que bota moi pouca auga e que parece ser que tiña propiedades medicinais, pois eran varias a persoas que acudían a toma-los baños  nunha pequena caseta que había xunto a fonte, hoxe tamén restaurada. Outros ían buscar botellas desa auga para bebela e cura-los males interiores ou para curar feridas exteriores. Na actualidade construíuse aquí unha estupenda área recreativa propicia para un bo xantar de campo debaixo de carballos centenarios e aproveitando a frescura do río, sobre todo no verán. Parece ser que a capela da Purificación pertenceu en tempos pasados ó Conde de Altamira.

         Non podemos abandonar esta parroquia sen mencionar que aquí se pode atopar un dos pazos máis antigos, hoxe restaurado e convertido en segunda residencia particular. Estamos a falar do Pazo de Mince que está rodeado de casas veciñais, cousa pouco habitual neste tipo de construccións.  As árbores dos seus xardíns fan que as construccións anexas a casa non sexan visibles dende fora do cerrado, pero conserva a capela con varias imaxes de santos, os escudos de armas, inscricións antigas e outros elementos arquitectónicos propios dun pazo.

         Tampouco podemos abandonar esta parroquia sen falar do sanatorio do Dr. Adolfo Reymóndez Portela, recentemente falecido. Foron moitos os enfermos tanto de Touro coma doutos lugares que pasaron por este sanatorio. Durante varios anos practicáronse intervencións cirúrxicas,  ben polo médico titular ou por ciruxáns que viñan de Santiago.      

PARROQUIA DE SAN FIZ DE QUIÓN

                                                                    Igrexa parroquial 

   PATRONO: San Fiz. (San Félix)

Hai varios santos con este nome. Para máis información da súa vida visiten ás seguintes páxinas web:

https://www.es.catholic.net/santoral/                https://www.multimedios.org/docs/d001371/

Datos de interese:

Superficie: 9,93 Km²  = 993 hectáreas = 18526 ferrados.

Habitantes ano 2004: 390.

Latitude: 42º53'

Lonxitude: 8º16'

Lugares: Abelenda,  Lago,  Laña de Abaixo,  Laña de Arriba,  Loureiros,  Muíña,  Quintá,  Rozas,  Sabuceda,  San Fiz,  Toxa e Valdolide.

Sacerdote: D. Antonio Rial Ramos

Teléfonos do sacerdote: 981191376  -  981523792

 

     Xeografía

    A parroquia de san Fiz de Quíón está situada ó norleste da capital do municipio e ó norte do concello. Menos polo sur que confina con Andeade e Touro, polos demais puntos linda con terras do concello de O Pino. Poderíamos dicir que, ou ben esta parroquia está metida no concello de O Pino, ou ben, a parroquia de Cebreiro que pertence a O Pino está metida en terras de Touro, entre as parroquias de Loxo e Quión. Baixa polo leste da parroquia, o río Lañas que recibe as augas doutros regatos como o Abelenda ó norte e o Rozas máis ó sur. Neste río hai un muíño recentemente restaurado.

    O clima é de tipo oceánico, ventilado e san, pero con abundantes xeadas no inverno, o que dificulta o cultivo de productos temperáns coma o viño e algunhas froitas. Polo demais, prodúcense os cultivos propios da zona: millo, trigo, centeo, patacas, legumes e verduras. Pero estes cultivos deron paso a grandes praderías e cultivos forraxeiros para a cría do gando vacún. E estes a súa vez están dando paso ó repoboamento forestal con especies de crecemento rápido coma o pino e o eucalipto. Tamén hai nesta parroquia bastante monte no que alternan as especies anteriores con árbores autóctonas (carballos, castaños, ameneiros, bidueiros, etc..) Antigamente o Conde de Altamira era o que exercía o seu señorío sobre esta parroquia, era a él a quen había que facer entrega dunha parte do que se producía.

    Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

       Comunicacións   

       Parroquia moi ben comunicada, xa que se cruzan aquí dúas estradas importantes para o concello. Pasa a estrada que vén de Arzúa ata Ponte Ulla que se cruza coa estrada que sae do empalme de Santa Irene (estrada de Santiago a Lugo) e despois xúntase na parroquia de Dombodán (Arzúa) coa estrada que vai de Arzúa a Vila de Cruces polo embalse de Portodemouros. Tamén está moi ben comunicada coas parroquias limítrofes por pistas asfaltadas e tamén por pistas forestais da concentración parcelaria. Dista tres quilómetros da capital do municipio.

       Festas

      As principais festas de Quión  son as patronais, celébrase os días 1, 2 e 3 de agosto na honra de San Fiz. Tamén se celebra o San Cidre, o domingo seguinte ó 15 de maio e a Santa Lucía o domingo seguinte ó 13 de Decembro.

      Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

     A igrexa parroquial é unha das máis importantes e bonitas do concello, situada xunto a estrada nun entorno moi ben coidado. Esta igrexa figura no inventario Histórico-Artístico do concello de Touro. Preto da igrexa está o novo cemiterio no que hai un cruceiro no centro. Tamén temos na pista que vai a Bentín, o restaurado muíño de Rozas.

      Turismo rural

      Temos nesta parroquia unha casa de turismo rural, moi acolledora, que abriu as súas portas recentemente e conta con varios servicios. Trátase da Casa Míguez, situada na aldea de Laña de Abaixo. Para sabe-los servicios que ofrece poden chamar ós teléfonos: 981504252 / FAX: 981504252.

PARROQUIA DE SAN PEDRO DE RIBEIRA

                                                            Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Pedro.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian á seguinte páxina web: https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=514

Superficie: 3,47 Km²  = 347 hectáreas = 6473,8 ferrados.

Habitantes ano 2004: 113.

Latitude: 42º50'

Lonxitude: 8º19'

Lugares: Couto, Muíños,  Pousada,  Remesquide e San Pedro.

Sacerdote:   D. José Sánchez Piso

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

     Xeografía

      A parroquia de San Pedro de Ribeira está situada no centro sur do Concello, xunto ó río Ulla. Linda polo norte coa parroquia de Loxo; polo sur, co río Ulla; polo leste, con Fao e polo oeste con Foxás. Ten terreos con desniveis pronunciados pero tamén grandes praderías chans xunto ó curso do río Ulla que forma nesta parroquia unha especie de meandro cunha curva considerable. Outros regatos que baixan de Touro e Loxo tamén van parar ó Ulla. Entre estes están o Lavandeira e o Cabrafigo.

      O clima é de tipo oceánico, san e temperado. Ten  zonas de abrigo con terras de boa calidade, onde se cultivan con facilidade froitas, verduras, legumes e viño de boa calidade, . Tamén se cultivan os demais productos da zona: millo, trigo, centeo, patacas e sobre todo abundan as praderías que permiten a cría do gando vacún, que é o máis abundante xunto cos animais domésticos de consumo propio. Hai tamén bastante extensión de monte con bastantes plantas autóctonas na marxe do río Ulla, sobre todo, cerca do chamado “Pego de Ribeira” onde o río fai un remanso de bastante anchura. Abundan os carballos e os castiñeiros que producen boas colleitas de castañas. Pero, igual que ocorre nas demais parroquias, as boas terras que ata agora eran aptas para os cultivos agrícolas, agora estanse a repoboar con especies de crecemento rápido: eucaliptos e pinos.

         Son varios os troiteiros que se poden ver pescando xunto ó río en época de pesca. Tamén hai algo de caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para palia-los danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.

        Comunicacións

       Esta parroquia está a cinco quilómetros de Fonte Díaz, que é a capital do municipio. Pasa por Ribeira a estrada que vén de Vilar e vai pasando polas parroquias da marxe dereita do Ulla ata chegar a Merés onde enlaza coa estrada que vai polo embalse de Portodemouros. Tamén está comunicada polo norte coa parroquia de Loxo.

        Festas

        As festas patronais na honra de San Pedro celébranse o días 29  e 30 de xuño.

      Tamén se fai festa por Santa Lucía o 4º domingo do mes de agosto. Para coñece-la vida desta santa vaian ó seguinte enlace:    https://www.es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=548 

         Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

         Aparte da igrexa parroquial, non hai nada importante digno de mencionar.   

PARROQUIA DE SAN XOÁN DE TOURO (capital)

                                                            Igrexa parroquial

Datos de interese:

PATRONO: San Xoán.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian ás seguintes páxinas web:

 https://www.churchforum.org.mx/santoral/Junio/2406.htm

                            https://www.churchforum.org.mx/santoral/Agosto/2908.htm                      

 https://www.magnificat.ca/cal/esp/06-24.htm#baptiste

Superficie: 6,5 Km² = 650 hectáreas = 12126,8 ferrados.

Habitantes ano 2004: 659.

Latitude: 42º52'

Lonxitude: 8º17'

Lugares

 Barral, Cruz de Méndez, Fonte Díaz, Mourelos Poboado ou Mourelos de Arriba, Mourelos Ermo ou Mourelos de Abaixo,  Santaia e Ventín.

Sacerdote:  D. José Manuel Recarey Añón.   Teléfono móvil: 689980475

Teléfono Casa Rectoral de Touro: 981504054

E_mail: mailto:uptouro@archicompostela.org

     Lindes

    Linda polo norte coa parroquia de Cebreiro,  do concello de O Pino, que se mete en forma de cuña no  territorio de Touro entre as parroquias de Santa María de Loxo e San Fiz de Quión;  polo sur coas parroquias de Fao e Andeade; polo leste con Quión e polo oeste con Loxo.

    Comunicacións

     A parroquia de Touro está bastante ben comunicada con Santiago, por estar a seis quilómetros de Santa Irene, empalme coa estrada de Santiago a Lugo e moi pronto terá enlace coa autovía que se construirá entre estas dúas cidades. Tamén cruza esta parroquia e a maioría das súas aldeas a estrada comarcal AC240 que vai de Ponte Ulla ata Arzúa e que recentemente foi arranxada no tramo que vai de Touro a Burres (no Concello de Arzúa). De Fonte Díaz sae tamén unha estrada ata Fao onde enlaza coa estrada que vai polas parroquias que bordean o río Ulla dende Merés ata Vilar. Pasa  por Fonte Díaz un autobús de liña da Empresa Mosquera que vai a Santiago pasando polas parroquias de  Turces, Andrade, Quión, Touro, Loxo, Prevediños e Vilar. Outros autocares da mesma empresas percorren outros traxectos por outras parroquias do concello e fan tamén o Transporte Escolar.

    Feiras

    Recentemente e despois de moitos anos pechada, pola proximidade da feira de Arzúa (8 e 22 de cada mes), o Concello de Touro decidiu impulsar de novo a feira que anos atrás xa se viña celebrando en Fonte Díaz o día 5 de cada mes. Para desprazarse a Fonte Díaz hai transporte público que fai o mesmo percorrido que o transporte escolar. Tendo en conta tamén que non hai autobuses  para a feira de Arzúa, son moitas as persoas maiores e non tan maiores que acoden a Touro o día 5 para mercar, vender, come-lo polbo ou botar unha parrafada cos amigos.

    Festas

    As festas patronais da parroquia son polo San Xoán os días 24, 25, e 26 do mes de xuño,  e a festa da Virxe do Carme  que se celebra o día 16 de Xullo. Tamén hai festa o 12 de outubro na honra da Virxe do Pilar, patrona da Garda Civil.

    Por outro lado o Concello organiza outras festas tamén de importancia: festa da terceira idade que se fai no verán, cada ano nunha parroquia distinta e na que se reúnen tódalas persoas maiores de todo o Concello que o desexan. Despois de asistir á misa, non falta a banda de música, gaiteiros, coros e por suposto unha boa comida campestre que por se fora pouco é gratuíta. Tamén se organizan actos festivos polo Nadal coa organización dun Belén vivinte e da Cabalgata de Reis,  festa da mocedade, excursións, etc. Hai que destacar que as actividades que organiza o Concello son para tódalas parroquias pero ó celebrarse en Fonte Díaz, son os habitantes da capital os máis favorecidos.

    A parroquia de San Xoán de Touro, é a capital actual do concello de Touro. Antigamente a capital estaba no lugar de Soutullo (parroquia de Fao).

    No núcleo urbano de Fonte Díaz é onde se desenvolve a  maior parte da actividade social, económica, cultural, educativa e sanitaria de todo o concello, xa que é aquí onde se concentran a maior parte  dos servicios tanto públicos como privados. É aquí onde se atopa a Casa do Concello, na que están tamén o Xulgado de Paz, oficina de correos, biblioteca e outros servicios. Conta cun Colexio Público Integrado, no que se imparten os niveis de Educación Infantil, Primaria e Secundaria obrigatoria. Tamén hai en Fonte Díaz un Centro de Saúde de atención primaria que conta con dous médicos, enfermeira, comadroa e administrativa. Hai dúas entidades bancarias (Caixa Galicia e Banco Galego), Cuartel da Garda Civil, dúas farmacias, tres supermercados nos que se atopan calquera clase de alimentos, librería, quiosco, estanco, talleres de arranxar coches, tendas de mobles, zapatería, tenda de deportes, carpinterías, tendas de roupa, panaderías, tenda de fotografía, perito agrícola, perruquerías, administración de loterías, electrodomésticos, electricistas, taxistas, clínica dental, tendas de productos agrícolas, droguerías, veterinarios e outros servicios.

     Para a xente máis nova hai que destacar a movida do fin de semana, que atrae a moita xente dos concellos limítrofes. Hai que resaltar a sala de festas DONA DANA, unha das mellores salas de toda Galicia, á que acudían miles de persoas de todas partes, xa que tódolos venres se facía aquí o programa LUAR da TVGA (agora faise desde  O Montouto), despois o sábado e domingo funciona como discoteca. Tamén hai que mencionar a reformada discoteca O BARRANCO e outros moitos pubs e bares que abren o fin de semana, aparte dos que abren diariamente que son varios.   

PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE TURCES

                                                    Igrexa parroquial

 Datos de interese

PATRONA: Santa María.

Para saber cal foi a vida desta santa vaian á seguinte páxina web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/08-15.htm#assomption

Superficie: 4,36 Km²  = 436 hectáreas = 8134,3 ferrados.

Habitantes ano 2004: 217.

Latitude: 42º51'

Lonxitude: 8º13'

Lugares: Gordela, Marza, Merés, Monte, Murgás, Pedreiras, Ribeira e Turces.

Sacerdote:  D. Avelino Ramos Varela

Teléfonos do sacerdote: 981518340

    Xeografía

    A parroquia de Santa María de Turces está situada ó leste do concello. Os seus principais lindes son polo norte, a parroquia de Beseño; polo sur, a parroquia de Calvos de Socamiño e o río Ulla; polo leste Dombodán e Branzá, estas do concello de Arzúa e polo oeste, a parroquia de Andeade.

     O clima é de tipo oceánico, san e temperado con zonas de abrigo na parte sur. O seu río principal é o Merés ou Beseño (afluente do Lañas), ó que van parar outros regatos de menor importancia. Outros van parar directamente ó río Ulla. Os principais cultivos son os habituais doutras parroquias: millo, trigo, centeo, patacas, legumes, verduras e algunhas castañas. Estes cultivos deron paso ás praderías para a cría de gando vacún, que a súa vez dan paso as repoboacións forestais debido a crise dos sectores agrícola e gandeiro. Hai nesta parroquia dous aserradoiros de transformación de madeira, talleres mecánicos e algunhas tabernas que se distribúen ó longo da estrada que cruza a parroquia.

     Comunicacións

     Parroquia moi ben comunicada coas parroquias limítrofes. A principal estrada que cruza a parroquia, é a que vén do Empalme de Santa Irene e despois de cruzar á altura de Quión, a estrada local que vai de Arzúa a Ponte Ulla, diríxese por esta parroquia cara o embalse de Portodemouros. Tamén parte de Merés a estrada local que vai polas parroquias do Ulla ata Vilar.

       Festas

       Esta parroquia celebra as súas festas patronais pola Santa María, os días 15 e 16 de agosto, con boas verbenas populares.

       Monumentos, pazos e restos arqueolóxicos

      Aparte da igrexa parroquial, de pequenas dimensións, preto da cal hai un pequeno cruceiro, non hai cousas importantes dignas de mencionar. Sómente  dicir que nesta parroquia hai un colexio público de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria que aínda segue a funcionar. Xunto coa de Loxo, son as únicas escolas unitarias de todo o Concello de Touro que aínda non tiveron que cerrar por falta de alumnos, como está pasando coa maioría das escolas do medio rural.

PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE VILAR

 

                                                    Igrexa parroquial e cruceiro

Datos de interese:

  PATRONO: San Miguel.

Para saber cal foi a vida deste santo vaian á seguinte páxina web: https://www.magnificat.ca/cal/esp/09-29.htm#michel

Superficie: 6,84 Km² = 684 hectáreas = 12761 ferrados.

Habitantes ano 2004: 269.

Latitude: 42º49'

Lonxitude: 8º22'

Lugares: Barreiriña,  Bugalleira,  Casal,  Coto de Millán,  Empalme,  Millán, Outeiro de Millán,  Porcariza e Vilar.

Sacerdote: D. José Sánchez Piso

Teléfonos do sacerdote:

 

        Xeografía

       A parroquia de San Miguel de Vilar está situada ó suroeste do concello.

    Linda polo norte coa parroquia de Prevediños; polo suroeste con terras do Concello de Boqueixón  e polo leste, coa parroquia de Foxás. Son varios os regatos que regan a parroquia e van leva-las súas augas o río Brandelos.

       O clima é de tipo oceánico, san, ventilado e temperado, con algunhas xeadas no inverno. As terras son de boa calidade e producen os cultivos típicos das parroquias limítrofes. Produce millo, trigo, centeo, patacas, legumes, verduras, froitas e algo de viño. Pero todos estes cultivos están dando paso ás praderías para a cría de gando vacún que é o máis abundante e tamén o de máis rendemento. Tamén hai terreo forestal con especies autóctonas na marxe dos regatos. As repoboacións que se están facendo fanse con especies de crecemento rápido: pinos e eucaliptos.

     Hai algo de pesca e caza, sendo o xabarín o máis perseguido polos cazadores, xa que hai bastantes animais desta especie e causan graves danos nas fincas agrícolas. Para paliar os danos producidos polo xabarín, os agricultores e gandeiros profesionais que obteñan polo menos un 50% das súas rendas  das actividades agrarias, poden solicitar axudas, sempre que o importe do dano estea comprendido entre un mínimo de 120 euros e un máximo de 1200 euros. Para millo de gran, o importe será de 13 céntimos de euro por metro cadrado. Para máis información hai que ir a Orde do 1 de agosto de 2006 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicada no DOGA o día 8 de agosto de 2006.