100 ADIVIÑAS POPULARES  -  30 ADIVIÑAS DE MAL PENSAR  -  SOLUCIÓNS 

  1.  Úsase para comer e non é prato nin culler.   

  2. Unha uchiña de bo parecer; non hai carpinteiro que a saiba facer, só Deus do ceo co seu gran poder.

  3. ¿Que cousiña será para adiviñar que ten orellas coma o gato, pes coma o gato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?

  4. Ten lombo e non anda, ten follas e non é planta, sabe moito e non fala.

  5. Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home.

  6. Unha señorita moi aseñorada, sempre está na casa e sempre está mollada.

  7. Unha señorita moi aseñorada, chea de remendos e sen ningunha puntada.

  8. ¿Sábe-lo que nunca se pode tocar coa man esquerda?

  9. Unha saba branca sen algodón, que cobre o mundo e o río non.

  10. Redondo coma un roscón e a el obedece todo o camión.

  11. ¿Que fai un burro ó sol?

  12. Pon col cara ó revés e o meu nome tés.

  13. ¿Que cousa é, para adiviñar é que polos ollos come carne e pola boca come tea?

  14. Unha persoa, tan boa será, que nada che pide e todo cho dá.

  15. Pequena como unha abella e enche a casa ata a tella.

  16. Moitas monxiñas no seu convento, visitan as flores e fan doce dentro.

  17. Moitas estreliñas caídas do alto e a miña casiña vístese de branco.

  18. Igrexa pequena, sancristán rebulidor e os santiños que ten diante, todos son da mesma color.

  19. Fouce no rabo e serra na testa, ¿que cousa é esta?

  20. Doce señoritas nun balcón; todas teñen medias e zapatos non.

  21. Do tamaño dunha cazola, ten ás e non voa.

  22. ¿De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?

  23. Cucurrico non ten ollos, nin cu nin bico; e os fillos de Cucurrico teñen ollos cu e bico.

  24. Un coiro moi engurrado que a todo lle pon coidado.

  25. Co rabo entre as pernas a mala veciña, vén tódalas noites rouba-la galiña.

  26. Cinco paociños son e no medio está o maior.

  27. Catro corremontes, catro cichafontes, un dálle - dálle e dous tus-tus-tus.

  28. Capiña sobre camiña, camiña de rico pano, sen non adiviñas hoxe xa adiviñarás para o ano.

  29. Branco como o papel e rompe como o cristal, todos o poden abrir, ninguén o pode pechar.

  30. Detrás dun penedo pariuno súa nai, corre pola terra e casou no mar.

  31. Unha arquiña branca como o sal, que todos queren abrir e ninguén pechar.

  32. Unha árbore con doce canas, cada cana catro niños, cada niño sete paxaros, cada paxaro co seu apelido.

  33. Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca.

  34. ¿Que cousa será para adiviñar, que anda de burato en burato e leva as tripas arrastro?

  35. Anda e anda sen parar e non muda de lugar.

  36. Altos pazos, lindas ventás, abren e cerran e ninguén anda atrás.

  37. Alto altaneiro, grande cabaleiro, gorro de la, capa dourada, espora de aceiro.

  38. Aínda que teño patas, non me podo mover, levo ás costas a comida e non a podo comer.

  39. Fun a erira e prantei unha estaca, deixei a estaca e trouxen o burato.

  40. Verde no campo, negro na praza e coloradiño na casa.

  41. Saio da sáa e vou a cociña, movendo o rabo como unha galiña.

  42. ¿Que cousa é, que canto máis grande é menos se ve.

  43. Nace na fonte, tráena para a casa e baila como unha rapaza.

  44. ¿Cal é a cousa que anda e non se ve?

  45. Estudante de letra miúda, ¿que animal é o que voa sen pruma?

  46. Verde nace, verde se cría, e na casa onde entra non hai alegría.

  47. Verde no campo, negra na casa e coloradiña na brasa.

  48. Anda e non ten pés e fala e non ten boca.

  49. Unha longa longueira que pasou por estas terras, díxolle a unhas veciñas: ¡Deus nos libre das galiñas!

  50. Non ten óso nin astela e anda debaixo da terra.

  51. ¿Que cousa de adiviñar é, que canto máis lle sacan menos se ve?

  52. Tres pispirispís e un pispirispón, un mete e saca e un saca e pon.

  53. Ten patas e non anda, póñenlle o xantar e non xanta, ¿que cousa é?

  54. Terra branca, semente negra, cinco bois e unha chavella.

  55. Pelos por fora, pelos por dentro, recacha a perna e metea dentro.

  56. Onte oviño, hoxe capulliño, mañá voarei como un paxariño.

  57. Dous irmanciños van ó compás, cos pés para adiante e os ollos para atrás.

  58. ¿Quen son eses aguzados que andan tan emparexados?

  59. Moitas damas nun corral, todas mexan por igual.

  60. Cen e cen fillos ten, e todos con leite os mantén.

  61. Nace na fraga e na fraga se cría, por onde ela pasa, sempre hai alegría.

  62. Besta de ferro, albarda de liño, tiza que tiza cun garabulliño.

  63. ¿Cal é unha cousiña cousa, que cando vai para o monte, vai ollando para a casa, e cando vai para a casa vai ollando para o monte.

  64. ¿Que cousa será cousa, que cando vai para o monte vai encartado e cando ven para a casa ven estarricado?

  65. Catro andantes, catro mamantes, un tornamoscas e dous apuntantes.

  66. Un cabalo branco bailando no campo, enriba dun pé e cabalo non é.

  67. Unha vella cun só dente, chama pola súa xente.

  68. Dez señoritos de par en par, pasan o río sen se mollar.

  69. Pinguili, pinguili, está pingando, e minguili minguili está mirando, se pinguili, pinguili caera, minguili, minguili o comera.

  70. Catro gatos nun tellado, cada gato mira tres, dime agora rapaciña, ¿cantos gatos ven haber?.

  71. Catro cans e catro pans, pan e medio e medio pan, ¿canto lle toca a cada can?

  72. Alto pepino, redondo molete, que chova que neve, nunca se derrete.

  73. Alta, alta e redonda coma un prato.

  74. Pipotín, pipotón, non ten boca nin tapón.

  75. Pipotón, pipotiño, de súas clases ten o viño.

  76. Entre cancela e cancela, unha xatiña amarela.

  77. Redondiña, redondela, non ten porta nin cancela.

  78. Nunha casiña branca moi branquexada, hai un probiño dentro facendo morada.

  79. Detrás dun coto, vin un boi xoto, e non hai home nin muller que na corte o poida meter.

  80. Alto, alto cabaleiro, dalle a risa e cáelle o diñeiro.

  81. Alto me vexo, no meu colgarexo, por unha risada perdín a miña anada.

  82. Alto estou, color de ouro teño, por unha risada perdo todo canto teño.

  83. Alto son, barbas teño, ven o burro e non me defendo.

  84. Auga chámome de nome, ardente teño o corazón, o que non atine é un gran borricón.

  85. ¿Que será un bicho bichongo que come polo cú e caga polo lombo?

  86. Envolto nun cobertor, que faga frío ou calor.

  87. Alto como un pino e non pesa nin un comino.

  88. O Lico-lico, non ten ósos nin pelico, e a nai de Lico-lico ten ósos e tamén pelico.

  89. Longa das pólas e curta do pé, ¿que cousa é?

  90. Unha longa longarela, ten dentes coma unha serra.

  91. Longo coma un camiño e torto coma un fouciño.

  92. Meu chión, meu chionciño ¿onde vas polo camiño?

  93. Miña nai é tartarexa, meu pai é cantador, teño branco o meu vestido e amarelo o corazón.

  94. Nace na horta e ten o cu branco.

  95. Nace no monte, no monte se cría e vai cos vellos á romaría.

  96. Nin é frade, nin é crego, e sempre viste de negro.  

  97. No alto vive, no alto mora, no alto tece a tecedora.

  98. Por un carreiriño moi mal empedrado ando e non me mollo e sempre vou mollado.

  99. Son un paoíño moi dereitiño, e encima da cabeza levo un granciño.

  100. Na horta son criada, na horta fun nacida, e fago chorar a todos, os que me miran partida.

  101. 30 ADIVIÑAS DE MAL PENSAR (¡¡¡ Para adultos !!!)

  102. Bótao fora Xoán, que cho quero ver, que Deus cho bendiga e vólveo meter.

  103. Carne con carne, pelo con pelo, imos para a cama facer aquelo.

  104. Enriba da mesa, estaba o preso, coa boca aberta e o couso teso.

  105. Enriba de ti me poño, ti, debaixo, te meneas, eu marcho levando o gusto e ti co leite te quedas.

  106. Entrei no seu cuarto e pedinlla, ela douma; xa lla metín, xa lla saquei, ela choraba e eu rindo marchei.

  107. Estaba Xoana Branca, sentada na potranca; veu don Xoán Argú e picouna no cu.

  108. Un home pequeno ía polo camiño, baixáronlle os calzóns e roéronlle o piroliño.

  109. Estando a tía Pepa boca arriba, entrou o tío Pepe e meteulle un cacho de carne viva.

  110. Estando a tía Xoana barriga arriba, veu o tío Xoán e púxose por riba, polvo vai e polvo vén e a Xoana aberta lla ten.

  111. Estando eu na cociña, botouse enriba de min, imos agora para a cama que ali o faremos de mellor gana.

  112. Uns homes téñeno longo, outros pequeniño, teno o Papa e non o usa e as mulleres usan o do marido.

  113. Imos para a cama, facelo que Deus manda, xuntar pelo con pelo e o bule-bule no medio.

  114. Indo pola rúa abaixo, sacrificios vin facer, polo cu arrempuxar e entre pelos a meter.

  115. Longo coma dunha cuarta, gordo como ten que ser, ten pelo por unha banda e as mozas poden xogar con el.

  116. Longo de dente, fondo de ventre, bo de deitar e malo de alzar.

  117. Longo como dunha cuarta, anque é mala comparación; métese por donde hai pelo e asi saca a picazón.

  118. Mentres o tío Xoán vai e bén, a tía Marica aberta lla ten.

  119. Métense espidos na cama e acóchanse cunha saba, alí xuntan os peliños para tapa-lo buratiño.

  120. Métese duro e sácase brando, coloradiño e pingarexando.

  121. Metín o meu lenzado no teu rachado, metino enxoito e saqueino mollado.

  122. No teu cuarto entrei, metincha e saqueicha, ti chorabas i eu ría de ve-lo encarnado como corría.

  123. Peliño todo arredor, e no medio, o señor.

  124. Pelo con pelo, panza con panza e o pelado no medio.

  125. Pelo por fora, pelo por dentro e unha cuarta de carne metida dentro.

  126. Pelo por fora, pelo por dentro, erguer a perna e meterllo dentro.

  127. Por riba de ti estou, debaixo de min te teño, e pouco home hei de ser se non che meto o que teño.

  128. Teño na man unha cousa con pelos, e con ela se fan igual nenas que nenos.

  129. Téñocho gordo, máis o quixera, que entre as pernas non me coubera.

  130. Un que é longo e ten dous redondos, anda nas calzas e fura nas bragas.

  131. Unha vella máis un vello, os dous detrás do palleiro, canto máis el lla metía, máis dura se lle poñía.

SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS

  1. A BOCA
  2. A NOZ
  3. A GATA
  4. O LIBRO
  5. O ALLO
  6. A LINGUA
  7. A GALIÑA
  8. O CÓBADO ESQUERDO
  9. A NEVE
  10. O VOLANTE
  11. SOMBRA
  12. CARACOL
  13. TESOIRAS
  14. A NAI
  15. A LUZ
  16. AS ABELLAS
  17. A NEVE
  18. A BOCA, A LINGUA E OS DENTES.
  19. O GALO
  20. AS HORAS
  21. O SOMBREIRO
  22. DE BURATOS
  23. O OVO
  24. A ORELLA
  25. A RAPOSA
  26. OS DEDOS
  27. A VACA
  28. A CEBOLA
  29. O OVO
  30. O RÍO
  31. O OVO
  32. O ANO, OS MESES, AS SEMANAS E OS DÍAS
  33. O MUÍÑO
  34. A AGULLA
  35. O MUÍÑO
  36. OS OLLOS
  37. O GALO
  38. A MESA
  39. FUN CAGAR
  40. O CARBÓN
  41. A ESCOBA
  42. A ESCURIDADE
  43. A AUGA
  44. O VENTO
  45. O MORCEGO
  46. O ATAÚDE
  47. A LEÑA PARA O LUME
  48. A CARTA
  49. A MIÑOCA
  50. A MIÑOCA
  51. O POZO
  52. O POTE DE TRES PÉS E O CAZO
  53. A MESA DE COMER
  54. O PAPEL, A TINTA, OS DEDOS E A PRUMA
  55. A MEDIA OU O CALCETÍN
  56. A BOLBORETA
  57. AS TESOIRAS
  58. OS CORNOS DA CABRA
  59. AS GOTEIRAS
  60. A FIGUEIRA
  61. A GAITA
  62. O CANDIL
  63. OS CORNOS DA CABRA
  64. O ADIVAL
  65. A VACA
  66. O MUÍÑO
  67. A CAMPÁ
  68. OS FUMEIROS DO CARRO
  69. O GATO MIRANDO PARA OS CHOURIZOS QUE PINGAN
  70. CATRO
  71. PAN E MEDIO
  72. A LÚA
  73. A LÚA
  74. O OVO
  75. O OVO
  76. A XEMA DO OVO
  77. O OVO
  78. O PITO NO OVO
  79. O SOL
  80. O OURIZO DAS CASTAÑAS
  81. O OURIZO
  82. O OURIZO
  83. TOXO
  84. AUGARDENTE
  85. GARLOPA
  86. OCARNEIRO
  87. O FUME
  88. O LEITE
  89. A CERDEIRA
  90. A SILVA
  91. O RÍO
  92. O CARRO
  93. O OVO
  94. O NABO
  95. O BASTÓN
  96. A TOUPA
  97. A ARAÑA
  98. O RÍO
  99. A LETRA I
  100. A CEBOLA
  101. SOLUCIÓNS ÁS ADIVIÑAS DE MAL PENSAR
  102. O PAN DO FORNO
  103. OS OLLOS CANDO DORMEN
  104. A BARRILA
  105. O HOME COLLENDO FIGOS NA FIGUEIRA
  106. A INXECCIÓN
  107. A POTA E O LUME
  108. O PLÁTANO
  109. A ZOCA
  110. AMASAR NA ARTESA
  111. O SONO
  112. O APELIDO
  113. IMOS DURMIR
  114. A AGULLA COSENDO NA MEDIA DE LÁ
  115. O PINCEL
  116. O FOLGAZÁN
  117. O PEITE
  118. O CACHARRO DE MAZA-LO LEITE
  119. OS OLLOS
  120. O PAN MOLLADO NO VIÑO
  121. O LIÑO CANDO SE METE NA BOCA PARA FIALO
  122. O PIPOTE DO VIÑO E A BILLA.
  123. O OLLO
  124. OS BOIS E O ARADO
  125. A LUBA
  126. A MEDIA DE LÁ OU O CALCETÍN
  127. O PÉ NA ZOCA
  128. O PINCEL
  129. O CABALO
  130. AS TESOIRAS
  131. METÍAN PALLA NUN SACO