100 ADIVIÑAS POPULARES - 30 ADIVIÑAS DE MAL PENSAR - SOLUCIÓNS
-
Úsase para comer e non é prato nin culler.
-
Unha uchiña de bo parecer; non hai carpinteiro que a saiba facer, só Deus do ceo co seu gran poder.
-
¿Que cousiña será para adiviñar que ten orellas coma o gato, pes coma o gato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?
-
Ten lombo e non anda, ten follas e non é planta, sabe moito e non fala.
-
Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home.
-
Unha señorita moi aseñorada, sempre está na casa e sempre está mollada.
-
Unha señorita moi aseñorada, chea de remendos e sen ningunha puntada.
-
¿Sábe-lo que nunca se pode tocar coa man esquerda?
-
Unha saba branca sen algodón, que cobre o mundo e o río non.
-
Redondo coma un roscón e a el obedece todo o camión.
-
¿Que fai un burro ó sol?
-
Pon col cara ó revés e o meu nome tés.
-
¿Que cousa é, para adiviñar é que polos ollos come carne e pola boca come tea?
-
Unha persoa, tan boa será, que nada che pide e todo cho dá.
-
Pequena como unha abella e enche a casa ata a tella.
-
Moitas monxiñas no seu convento, visitan as flores e fan doce dentro.
-
Moitas estreliñas caídas do alto e a miña casiña vístese de branco.
-
Igrexa pequena, sancristán rebulidor e os santiños que ten diante, todos son da mesma color.
-
Fouce no rabo e serra na testa, ¿que cousa é esta?
-
Doce señoritas nun balcón; todas teñen medias e zapatos non.
-
Do tamaño dunha cazola, ten ás e non voa.
-
¿De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?
-
Cucurrico non ten ollos, nin cu nin bico; e os fillos de Cucurrico teñen ollos cu e bico.
-
Un coiro moi engurrado que a todo lle pon coidado.
-
Co rabo entre as pernas a mala veciña, vén tódalas noites rouba-la galiña.
-
Cinco paociños son e no medio está o maior.
-
Catro corremontes, catro cichafontes, un dálle - dálle e dous tus-tus-tus.
-
Capiña sobre camiña, camiña de rico pano, sen non adiviñas hoxe xa adiviñarás para o ano.
-
Branco como o papel e rompe como o cristal, todos o poden abrir, ninguén o pode pechar.
-
Detrás dun penedo pariuno súa nai, corre pola terra e casou no mar.
-
Unha arquiña branca como o sal, que todos queren abrir e ninguén pechar.
-
Unha árbore con doce canas, cada cana catro niños, cada niño sete paxaros, cada paxaro co seu apelido.
-
Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca.
-
¿Que cousa será para adiviñar, que anda de burato en burato e leva as tripas arrastro?
-
Anda e anda sen parar e non muda de lugar.
-
Altos pazos, lindas ventás, abren e cerran e ninguén anda atrás.
-
Alto altaneiro, grande cabaleiro, gorro de la, capa dourada, espora de aceiro.
-
Aínda que teño patas, non me podo mover, levo ás costas a comida e non a podo comer.
-
Fun a erira e prantei unha estaca, deixei a estaca e trouxen o burato.
-
Verde no campo, negro na praza e coloradiño na casa.
-
Saio da sáa e vou a cociña, movendo o rabo como unha galiña.
-
¿Que cousa é, que canto máis grande é menos se ve.
-
Nace na fonte, tráena para a casa e baila como unha rapaza.
-
¿Cal é a cousa que anda e non se ve?
-
Estudante de letra miúda, ¿que animal é o que voa sen pruma?
-
Verde nace, verde se cría, e na casa onde entra non hai alegría.
-
Verde no campo, negra na casa e coloradiña na brasa.
-
Anda e non ten pés e fala e non ten boca.
-
Unha longa longueira que pasou por estas terras, díxolle a unhas veciñas: ¡Deus nos libre das galiñas!
-
Non ten óso nin astela e anda debaixo da terra.
-
¿Que cousa de adiviñar é, que canto máis lle sacan menos se ve?
-
Tres pispirispís e un pispirispón, un mete e saca e un saca e pon.
-
Ten patas e non anda, póñenlle o xantar e non xanta, ¿que cousa é?
-
Terra branca, semente negra, cinco bois e unha chavella.
-
Pelos por fora, pelos por dentro, recacha a perna e metea dentro.
-
Onte oviño, hoxe capulliño, mañá voarei como un paxariño.
-
Dous irmanciños van ó compás, cos pés para adiante e os ollos para atrás.
-
¿Quen son eses aguzados que andan tan emparexados?
-
Moitas damas nun corral, todas mexan por igual.
-
Cen e cen fillos ten, e todos con leite os mantén.
-
Nace na fraga e na fraga se cría, por onde ela pasa, sempre hai alegría.
-
Besta de ferro, albarda de liño, tiza que tiza cun garabulliño.
-
¿Cal é unha cousiña cousa, que cando vai para o monte, vai ollando para a casa, e cando vai para a casa vai ollando para o monte.
-
¿Que cousa será cousa, que cando vai para o monte vai encartado e cando ven para a casa ven estarricado?
-
Catro andantes, catro mamantes, un tornamoscas e dous apuntantes.
-
Un cabalo branco bailando no campo, enriba dun pé e cabalo non é.
-
Unha vella cun só dente, chama pola súa xente.
-
Dez señoritos de par en par, pasan o río sen se mollar.
-
Pinguili, pinguili, está pingando, e minguili minguili está mirando, se pinguili, pinguili caera, minguili, minguili o comera.
-
Catro gatos nun tellado, cada gato mira tres, dime agora rapaciña, ¿cantos gatos ven haber?.
-
Catro cans e catro pans, pan e medio e medio pan, ¿canto lle toca a cada can?
-
Alto pepino, redondo molete, que chova que neve, nunca se derrete.
-
Alta, alta e redonda coma un prato.
-
Pipotín, pipotón, non ten boca nin tapón.
-
Pipotón, pipotiño, de súas clases ten o viño.
-
Entre cancela e cancela, unha xatiña amarela.
-
Redondiña, redondela, non ten porta nin cancela.
-
Nunha casiña branca moi branquexada, hai un probiño dentro facendo morada.
-
Detrás dun coto, vin un boi xoto, e non hai home nin muller que na corte o poida meter.
-
Alto, alto cabaleiro, dalle a risa e cáelle o diñeiro.
-
Alto me vexo, no meu colgarexo, por unha risada perdín a miña anada.
-
Alto estou, color de ouro teño, por unha risada perdo todo canto teño.
-
Alto son, barbas teño, ven o burro e non me defendo.
-
Auga chámome de nome, ardente teño o corazón, o que non atine é un gran borricón.
-
¿Que será un bicho bichongo que come polo cú e caga polo lombo?
-
Envolto nun cobertor, que faga frío ou calor.
-
Alto como un pino e non pesa nin un comino.
-
O Lico-lico, non ten ósos nin pelico, e a nai de Lico-lico ten ósos e tamén pelico.
-
Longa das pólas e curta do pé, ¿que cousa é?
-
Unha longa longarela, ten dentes coma unha serra.
-
Longo coma un camiño e torto coma un fouciño.
-
Meu chión, meu chionciño ¿onde vas polo camiño?
-
Miña nai é tartarexa, meu pai é cantador, teño branco o meu vestido e amarelo o corazón.
-
Nace na horta e ten o cu branco.
-
Nace no monte, no monte se cría e vai cos vellos á romaría.
-
Nin é frade, nin é crego, e sempre viste de negro.
-
No alto vive, no alto mora, no alto tece a tecedora.
-
Por un carreiriño moi mal empedrado ando e non me mollo e sempre vou mollado.
-
Son un paoíño moi dereitiño, e encima da cabeza levo un granciño.
-
Na horta son criada, na horta fun nacida, e fago chorar a todos, os que me miran partida.
-
30 ADIVIÑAS DE MAL PENSAR (¡¡¡ Para adultos !!!)
-
Bótao fora Xoán, que cho quero ver, que Deus cho bendiga e vólveo meter.
-
Carne con carne, pelo con pelo, imos para a cama facer aquelo.
-
Enriba da mesa, estaba o preso, coa boca aberta e o couso teso.
-
Enriba de ti me poño, ti, debaixo, te meneas, eu marcho levando o gusto e ti co leite te quedas.
-
Entrei no seu cuarto e pedinlla, ela douma; xa lla metín, xa lla saquei, ela choraba e eu rindo marchei.
-
Estaba Xoana Branca, sentada na potranca; veu don Xoán Argú e picouna no cu.
-
Un home pequeno ía polo camiño, baixáronlle os calzóns e roéronlle o piroliño.
-
Estando a tía Pepa boca arriba, entrou o tío Pepe e meteulle un cacho de carne viva.
-
Estando a tía Xoana barriga arriba, veu o tío Xoán e púxose por riba, polvo vai e polvo vén e a Xoana aberta lla ten.
-
Estando eu na cociña, botouse enriba de min, imos agora para a cama que ali o faremos de mellor gana.
-
Uns homes téñeno longo, outros pequeniño, teno o Papa e non o usa e as mulleres usan o do marido.
-
Imos para a cama, facelo que Deus manda, xuntar pelo con pelo e o bule-bule no medio.
-
Indo pola rúa abaixo, sacrificios vin facer, polo cu arrempuxar e entre pelos a meter.
-
Longo coma dunha cuarta, gordo como ten que ser, ten pelo por unha banda e as mozas poden xogar con el.
-
Longo de dente, fondo de ventre, bo de deitar e malo de alzar.
-
Longo como dunha cuarta, anque é mala comparación; métese por donde hai pelo e asi saca a picazón.
-
Mentres o tío Xoán vai e bén, a tía Marica aberta lla ten.
-
Métense espidos na cama e acóchanse cunha saba, alí xuntan os peliños para tapa-lo buratiño.
-
Métese duro e sácase brando, coloradiño e pingarexando.
-
Metín o meu lenzado no teu rachado, metino enxoito e saqueino mollado.
-
No teu cuarto entrei, metincha e saqueicha, ti chorabas i eu ría de ve-lo encarnado como corría.
-
Peliño todo arredor, e no medio, o señor.
-
Pelo con pelo, panza con panza e o pelado no medio.
-
Pelo por fora, pelo por dentro e unha cuarta de carne metida dentro.
-
Pelo por fora, pelo por dentro, erguer a perna e meterllo dentro.
-
Por riba de ti estou, debaixo de min te teño, e pouco home hei de ser se non che meto o que teño.
-
Teño na man unha cousa con pelos, e con ela se fan igual nenas que nenos.
-
Téñocho gordo, máis o quixera, que entre as pernas non me coubera.
-
Un que é longo e ten dous redondos, anda nas calzas e fura nas bragas.
-
Unha vella máis un vello, os dous detrás do palleiro, canto máis el lla metía, máis dura se lle poñía.
SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS
- A BOCA
- A NOZ
- A GATA
- O LIBRO
- O ALLO
- A LINGUA
- A GALIÑA
- O CÓBADO ESQUERDO
- A NEVE
- O VOLANTE
- SOMBRA
- CARACOL
- TESOIRAS
- A NAI
- A LUZ
- AS ABELLAS
- A NEVE
- A BOCA, A LINGUA E OS DENTES.
- O GALO
- AS HORAS
- O SOMBREIRO
- DE BURATOS
- O OVO
- A ORELLA
- A RAPOSA
- OS DEDOS
- A VACA
- A CEBOLA
- O OVO
- O RÍO
- O OVO
- O ANO, OS MESES, AS SEMANAS E OS DÍAS
- O MUÍÑO
- A AGULLA
- O MUÍÑO
- OS OLLOS
- O GALO
- A MESA
- FUN CAGAR
- O CARBÓN
- A ESCOBA
- A ESCURIDADE
- A AUGA
- O VENTO
- O MORCEGO
- O ATAÚDE
- A LEÑA PARA O LUME
- A CARTA
- A MIÑOCA
- A MIÑOCA
- O POZO
- O POTE DE TRES PÉS E O CAZO
- A MESA DE COMER
- O PAPEL, A TINTA, OS DEDOS E A PRUMA
- A MEDIA OU O CALCETÍN
- A BOLBORETA
- AS TESOIRAS
- OS CORNOS DA CABRA
- AS GOTEIRAS
- A FIGUEIRA
- A GAITA
- O CANDIL
- OS CORNOS DA CABRA
- O ADIVAL
- A VACA
- O MUÍÑO
- A CAMPÁ
- OS FUMEIROS DO CARRO
- O GATO MIRANDO PARA OS CHOURIZOS QUE PINGAN
- CATRO
- PAN E MEDIO
- A LÚA
- A LÚA
- O OVO
- O OVO
- A XEMA DO OVO
- O OVO
- O PITO NO OVO
- O SOL
- O OURIZO DAS CASTAÑAS
- O OURIZO
- O OURIZO
- TOXO
- AUGARDENTE
- GARLOPA
- OCARNEIRO
- O FUME
- O LEITE
- A CERDEIRA
- A SILVA
- O RÍO
- O CARRO
- O OVO
- O NABO
- O BASTÓN
- A TOUPA
- A ARAÑA
- O RÍO
- A LETRA I
- A CEBOLA
- SOLUCIÓNS ÁS ADIVIÑAS DE MAL PENSAR
- O PAN DO FORNO
- OS OLLOS CANDO DORMEN
- A BARRILA
- O HOME COLLENDO FIGOS NA FIGUEIRA
- A INXECCIÓN
- A POTA E O LUME
- O PLÁTANO
- A ZOCA
- AMASAR NA ARTESA
- O SONO
- O APELIDO
- IMOS DURMIR
- A AGULLA COSENDO NA MEDIA DE LÁ
- O PINCEL
- O FOLGAZÁN
- O PEITE
- O CACHARRO DE MAZA-LO LEITE
- OS OLLOS
- O PAN MOLLADO NO VIÑO
- O LIÑO CANDO SE METE NA BOCA PARA FIALO
- O PIPOTE DO VIÑO E A BILLA.
- O OLLO
- OS BOIS E O ARADO
- A LUBA
- A MEDIA DE LÁ OU O CALCETÍN
- O PÉ NA ZOCA
- O PINCEL
- O CABALO
- AS TESOIRAS
- METÍAN PALLA NUN SACO